A Deputación adxudica as obras da senda peonil entre Compostela e a parroquia de Figueiras
A actuación cubrirá unha necesidade e unha antiga demanda de mellora da seguridade peonil nesta zona de Santiago.

Imaxe da zona ode se vai actuar / Concello
Redacción
A Deputación da Coruña adxudicou as obras de construción dunha senda peonil de 2,56 quilómetros que unirá Santiago de Compostela e a parroquia de Figueiras, na DP-7803, por un total de 896.914 euros.
O novo trazado peonil ampliará o ancho da beirarrúa actual de medio metro a 2,8 metros e conectará nalgúns tramos cos camiños que levan ou proceden do monte Pedroso, onde se rexistra un elevado número de camiñantes.
A actuación, que comezará o vindeiro mes de abril, levarase a cabo no tramo que vai desde o PQ 0 ata o PQ 2+560, incluíndo o ramal inicial, mellorará a seguridade viaria cun novo itinerario peonil continuo que discorrerá ao longo deste tramo.
A actuación contempla a ampliación da beiravía, que acollerá unha senda de 1,8 metros de ancho. O pavimento seleccionado para esta superficie será unha mistura bituminosa quente. No tramo no que de atopan os núcleos de vivendas, que vai desde o PQ 1+020 ata o PQ 0+220, óptase por executar beirarrúas con bordos.
As obras inclúen o retranqueo dos postes que soportan tendidos aéreos de telefonía, electricidade e alumeado público, a reposición de dúas acometidas de gas, e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical, entre as que figuran novas marcas viais con resaltos, delimitadores de carril de caucho con elementos reflectantes, captafaros cada 20 metros e barreiras de seguridade nas zonas de curvas; todo elo co obxecto de incrementar ao máximo a seguridade do tránsito de peóns. Tamén se prevé a reposición das cunetas e a mellora do sistema de drenaxe, con colectores de formigón, pozos de rexistro e sumidoiros.
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Playmobil y el Día del Circo convierten Área Central en el gran plan familiar del fin de semana
- El Obradoiro, sin piedad con el Ourense en el derbi
