O tempo en Compostela: espéranse chuvascos de cara ao final da tarde

Unha zona de aire frío que se localizará no Atlántico introducirá certo grao de inestabilidade

Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago

Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago / Concello

O tempo na zona de Compostela quedará hoxe marcado pola situación anticiclónica, pero tamén por unha zona de aire frío que se localizará no Atlántico fronte da costa portuguesa que introducirá certo grao de inestabilidade. Isto se vai a traducir nun tempo algo cambiante con momentos de apertura de grandes claros e outros no que medrarán nubes. Non descartamos algún chuvasco de cara ao final da tarde

Mentres agardamos, as temperaturas seguirán sendo elevadas. Hoxe oscilaremos entre os 11° de mínima e os 25° de máxima e esos ventos do nordés volverán a ter intervalos de moderado a partir do mediodía.