As novas candidaturas: "A cidadanía ten que saber que hai máis de catro opcións a elixir"

Entrevistas a Beatriz Estévez, do Partido Galego; Ángel Jiménez, de Por e Para Santiago, e Fernando Mayo, de Vox

Beatriz Estévez, avogada e profesora, preséntase á Alcaldía polo Partido Galeguista / pg

Beatriz Estévez, avogada e profesora, preséntase á Alcaldía polo Partido Galeguista / pg / Ana Triñáns

O Partido Galego (PG), que concorre ás eleccións do 28-M celebrou no serán do xoves o seu acto central de campaña, no Restaurante Paz Nogueira, no Castiñeiriño. EL CORREO conversou con Beatriz Estévez, a súa candidata sobre os problemas que ven na cidade e as propostas que teñen para mellorala.

Sobre a motivación para presentar a candidatura do PG, “herdeiro do Partido Galeguista”, ás municipais, Estévez teno claro, “a cidadanía ten que saber que hai máis de catro opcións e que cada catro anos podemos botalos fóra, poden botarnos fóra”, destaca a candidata. “Hai unha concepción pervertida na que parece que os políticos son os donos, cando son os servidores”, afirma, “o que nos di a veciñanza é que no Concello hai prepotencia e mala educación”. “Nós non queremos facer da política a nosa fonte de ingresos, porque afortunadamente temos as nosas profesións, cando fagamos o noso traballo haberá quen nos substitúa”, recalca Beatriz Estévez.

“No PG sabemos que temos a posibilidade real de traer a Santiago a Copa Davis, pois o noso presidente tamén o é da Federación Galega de Tenis e veo viable, pero entre tanta mentira a xente pensa que o político mente”. Explica Estévez en relación ás “propostas desorbitadas” doutras formacións políticas.

Estévez ve necesario superar as fendas que ten a cidade en canto a vivenda, transporte e industria. “Temos que chegar aos 100.000 habitantes e non chegamos porque hai que apostar polo traballo e pola vivenda para que o estudantado quede a vivir na cidade, por exemplo”.

Estévez destácase das demais formacións porque “a nosa campaña non lle custou nada ao contribuínte” e a firma que o vindeiro domingo “temos boas espectativas, dannos ata dous edís”.

Ángel Jiménez, candidato de Por e Para Santiago / Cedida

Ángel Jiménez, candidato de Por e Para Santiago / Cedida

Por e Para Santiago nace da reunión de veciños, ANPA’s e empresarios dos barrios e do rural “porque estamos abandonados”, asegura o seu candidato Ángel Jiménez. A pesar de seren as súas primeiras eleccións, Jiménez afirma que as espectativas para o 28-M son “muy buenas, contamos con sacar entre cuatro y seis concejales y los demás van a llevar un buen tropezón, BNG será el que suba a cuatro ediles, PSOE se quedará con tres y PP con cinco”, vaticina Jiménez.

Entre as propostas desta candidatura para a veciñanza de Compostela está “el mantenimiento integral de la ciudad, está hecha un desastre, faltan aparcamientos, el multamóvil y los radares porque el 90% son puramente recaudatorios”, afirma Jiménez, por iso dende Por e Para Santiago prometen a creación de 12 novos aparcadoiros disuasorios “de los que ocho ya tienen ubicación”.

En canto ás políticas sociais o candidato de Por e Para Santiago asegura que “obligaremos a la Xunta a que haga residencias que gestionará el Ayuntamiento porque nuestros mayores no tiene por que irse de la ciudad ni pagar precios desorbitados”. Jiménez asegura que tamén se crearán clubes de xubilados e se reforzará a loita contra a pobreza.

Tres dos seus proxectos estrela son a construción dun circuito de carreiras que “dinamizará la economía de la ciudad y desestacionalizará el turismo”, a instalación de ascensores en Vite, Vista Alegre e Ponte Pedriña “mediante ayudas directas”, crear un liña entre a Estación Intermodal e o aeroporto e “municipalizar el servicio de transporte”. Nesta mesma liña, Por e Para Santiago tamén propón a creación de brigadas de mantemento nos barrios botando man de pequenas empresas locais “no queremos una única empresa para toda la ciudad”.

O candidato de Por e Para Santiago, coincide cos demais candidatos sen representación no Pleno até agora (CxG, Vox e PG) e denunciar que as enquisas non falan deles porque os agochan ou invisibilizan. “Las encuestas que hacen unos y otros, cuando dicen que van a votar Por e Para Santiago el encuestador les dice que no sabe lo que es”, asegura.

Fernando Mayo / Vox

Fernando Mayo / Vox

“A situación dunha cidade estancada e en decadencia” foi a principal motivación do médico Fernando Mayo para presentar con Vox a súa candidatura á Alcaldía de Compostela. “Santiago está a quedar atrás do eixe de cohesión demográfica e do económico en Galicia”, asegura Mayo. “O medio rural, a parte norte sobre todo, vive un abandono total, sen servizos básicos nin transporte”. Neste sentido Fernando Mayo apunta que “fomos os primeiros en comprometernos a levar o transporte ao rural, e logo veu o alcalde a prometer o mesmo, transporte a demanda, Sánchez Bugallo vén a rebufo de nós”.

En referencia ao rural, eixo central do programa de Vox para resolver o seu abandono, “dunha axeitada rede saneamento e abastecemento, as estradas están en malas condicións”. Cuestións todas que levan ao candidato de Vox a afirmar que “hai un déficit de condicións humanísticas mínimas no noso rural”. A este respecto critica que “hai uns anos houbo unha partida económica importante procedente de Europa para a recollida da auga residual no medio rural, non se fixo nada”.

En relación á xestión da auga e preguntado pola proposta que sostén Compostela Aberta (CA), o candidato de Vox explica, “apoiaremos todas aquelas solucións acertadas que defendan os intereses da cidadanía, non vimos a encorsetarnos senón a defender os interese dos composteláns, a negociar con algúns e a colaborar con quen teña o noso mesmo obxectivo. CA e Vox estamos en puntos opostos pero é posible chegar a puntos de encontro con sentido común, sen que iso supoña pactar con ninguén”.

A política social de Vox tamén se centra na contorna rural porque “é necesario facilitar nestas zonas un momento de respiro para as familias, crear ludotecas, favorecer a actividade laboral dos pais, porque agora xa non conviven pais, nenos e avós coma antes”. Fernando Mayo apunta aos centros socioculturais para darlle este novo uso.

Arredor do posible resultado o 28-M, Mayo di que a espectativa é boa, “penso que imos sacar moi bos resultados, e atrévome a vaticinar que non haberá grandes votados”. Mayo tamén se queixa de que “as enquisas non nos citan e os medios invisibilízannos pero iso négao a nosa sensación na rúa”. A pesar de que tamén denuncia ser vítima de insultos e ameazas por xente afín á esquerda.