O viveiro de empresas da Cámara de Comercio acada o top 3 do ranking Funcas

Esta clasificación, elaborada por cinco investigadores, valora o fomendo do espírito emprendedor, a preincubación, a incubación e graduación deste tipo de entidades

Imaxe dunha das salas interiores do viveiro de empresas da Cámara de Comercio

Imaxe dunha das salas interiores do viveiro de empresas da Cámara de Comercio / Cedida

A Fundación de Caixas de Aforro (Funcas) elaborou un ano máis o seu ránking cos mellores viveiros de empresas de España, onde o centro dinamizador da Cámara de Comercio compostelá se consolida coma o terceiro mellor pola “calidade superior nos seus servizos”. A clasificación de Funcas, elaborada por cinco investigadores valora a efectividade deste tipo de entidades de dinamización empresarial en canto a difusión do espírito emprendedor, preincubación, incubación básica e graduación das inciativas de negocio que forman parte del.

O viveiro da Cámara de Comercio acadou, neste informe 2023-2024 a mellor valoración en canto a graduación das empresas que acolle, situándose polo tanto na primeira posición do ránking en relación a este aspecto, e o segundo mellor posto en canto á difusión e á promoción do emprendemento. A presidenta da Cámara, María Pais, congratulouse por esta distinción e destacou a importancia do traballo continuado dende a creación do viveiro en 2006. “El estudio de Funcas reconoce que somos un vivero ejemplar en la incubación de proyectos empresariales”, explicou e tamén engadiu que “llevamos desde el año 2016 siendo reconocidos en los primeros puestos del ranking global de viveros avanzados de España”. Pais gabouse de que vocación do viveiro “en el fomento del emprendimiento y su cultura es incuestionable, porque sólo a través del incremento de la base empresarial seremos capaces de fijar riqueza y crear empleo de calidad que permita retener y aprovechar el talento de nuestros jóvenes”, salientou.

Recentemente, o viveiro incorporou unha área máis, Coworking Digital Compostela, destinada a promover a transformación dixital das pequenas e medianas empresas a través de programas de incubación acompañamento e aceleración das mesmas. Unha iniciativa que se suma ás 28 empresas que integran o viveiro, 15 delas de con establecemento físico no polígono de Costa Vella, e as 13 restantes de xeito virtual, o que supón “unha taxa de ocupación do 80%”, destacan dende a Cámara.

O viveiro de empresas botou a andar hai 17 anos e, dende entón, por el pasaron máis de 200 empresas, das que 170 lograron continuar coa súa actividade até hoxe, o que supón “unha taxa de supervivencia empresarial do 85%”. A día de hoxe, as instalacións do viveiro da Cámara de Comercio ocupan practicamente unha superficie de 1.600 m2 e conta cun total de 24 despachos, ademais de aulas, salas de xuntas, etc. E forma parte da Rede Incyde que o conecta con máis dun cento de viveiros.