O barrio de San Pedro trasnoita a ritmo de folk na primeira noite grande das súas tradicionais Festas
Centos de persoas encheron o torreiro para ver os concertos de Caamaño e Ameixeiras e As Boubas.
Hoxe é a 'Noite do Lastro' con Mondra, Sacha na Horta e O Sonoro Maxín.

CSM
Cristina S. Marchán
A primeira xornada con programación nocturna das 20º Festas do Barrio de San Pedrocongregou onte a centos de veciños e veciñas de Compostela, e tamén a algúns visitantes, turistas e peregrinos, cun programa no que a música tradicional e o baile foron protagonistas.
A tarde comezou cun obradoiro de baile tradicional impartido por Chus Caramés. Un nutrido grupo, de polo menos 30 persoas, aprendeu os puntos básicos, o que lles preparou para o que ía vir.
Cando pasaban uns minutos das 22:00, Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras subiron ao escenario para ofrecer un precioso concerto, misturando o festivo co íntimo. Nun ambiente distendido, no que dixeron "sentirse como na casa, en familia", foron desgranando un repertorio de temas xa coñecidos e algúns inéditos, no que non faltaron as colaboracións. Foi especialmente emotivo o último 'bis', no que un coro popular dunhas 15 persoas subiu ao escenario para interpretar unha épica versión de "O meu amor se tu fores", popularizado por Leilía.
A continuación foi o turno do conxunto de pandereteiras 'As Boubas', unha agrupación de mulleres ben coñecidas en Compostela e tamén no propio barrio de San pedro. As pandereteiras amosaron que o seu estilo purista, ben pegado á tradición oral e de recollida, sigue a ser unha fantástica forma de animar ao público, que non deixou de bailar en distintas rodas que remataron ocupando boa parte do torreiro da festa.
Xa ao filo da madrugada, a xornada festiva pechaba cunha foliada aberta na que cada quen participou cos seus instrumentos.
Programa das FBSP para o venres 30 de xuño
Para o venres 30 de xuño, a Comisión de Festas preparou un programa variado, con oco para propostas infantís e familiares, científicas e culturais, no que tampouco faltará a música grazas aos concertos da 'Noite do Lastro'.
Horarios e propostas
- 17:00 Xincana Seteportas. Saída dende o Cruceiro.
- 18:00 Pasarrúas das cabezudas e os Cincocentos
- 19:00 Concertos na Almáciga e na Praza da Angustia.
- 20:30 Carauta Teatro, no Don Bosco.
- 22:00 NOITE DO LASTRO
- Mondra (22h)
- Sacha Na Horta (23:30)
- O Sonoro Maxín (01:00)
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos