Achéganse as festas de San Pedro cun amplo programa durante seis días

Nesta ocasión serán máis especiais ao celebrarse o 20 aniversario

Actuación dun mago para público familiar nunha anterior edición das festas de San Pedro

Actuación dun mago para público familiar nunha anterior edición das festas de San Pedro / Cedida

Redacción

Conta atrás para as festas do barrio de San Pedro. Do 27 de xuño ao 2 de xullo a veciñanza poderá disfrutar de múltiples actividades de ocio e lecer que nesta ocasión serán máis especiais ao celebrarse o 20 aniversario.

Danza e Piquenique das Letras, o martes, Noite de Foliada o xoves, Noite do Lastro o venres, vermú e verbeneo (un chisco alternativo este ano), o sábado, ou a romaría en Belvís, o domingo, serán parte da programación. 

Na seguinte imaxe podes consultar a programación completa das festas do barrio de San Pedro.