Saúde

A área santiaria de Santiago pon en marcha un plan de atención individualizada para a atención primaria

O equipo da área sanitaria durante as visitas / CEDIDA

O equipo da área sanitaria durante as visitas / CEDIDA / ecg

Redacción

O Plan de Atención Individualizada en Atención Primaria, que onte puxo en marcha a área santiaria está enfocado á mellora de equipamento e espazos dos centros de saúde. Onte mesmo, a xerente da área, Eloína Núñez, o director de primaria, Felipe Calle e a subdirectora de enfermaría, Montserrat Souto reuníronse cos profesionais dos centros de saúde de Xanceda, Frades e Sigüeiro. Na xuntanza tratouse de coñecer de primeira man as demandas dos facultativos, persoal de enfermaría e administrativos, así como dos usuarios. O plan pretende ter en conta as solicitudes específicas de cada servizo e garantir unha contorna óptima para a asistencia sanitaria de calidade. Decidiuse, entre outras cousas, ampliar a realización de espirometrías e brindar maior flexibilidade ao concello de Oroso á hora de acceder aos Puntos de Atención Continuada de Santiago ou Ordes.