‘O corno’, segunda longametraxe de Jaione Camborda, inaugura o XX festival Curtocircuíto

O certame decorrerá entre o 3 e o 8 de outubro e a través de Cineclube Compostela renderá homenaxe ao actor e dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño

Fotograma dunha das secuencias do filme de Jaione Camborda, ‘O Corno’, que se proxectará en Curtocircuito 2023

Fotograma dunha das secuencias do filme de Jaione Camborda, ‘O Corno’, que se proxectará en Curtocircuito 2023 / Cedida

Redacción

O festival Curtocircuíto chega un ano máis a Compostela, e xa van aló vinte, entre o 3 o 8 outubro coa estrea da segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, O corno, que se poderá ver no Teatro Principal antes da súa chegada ás salas de cine o día 11 dese mes. É a primeira longametraxe galega que compite na Sección Oficial do Festival de San Sebastián. “A elección de O corno para inaugurar o festival subliña o interese de Curtocircuíto por xerar un espazo de visibilidade para o cinema realizado en Galicia, aposta que se reflexa nas seccións para ao cinema galego: Planeta Gz, Supernova, a sección Terra, que este ano se dedicada a Arancha Brandón, ou #OutraCompostela".

La directora afincada en Santiago, Jaione Camborda, presenta 'O Corno' no festival Curtocircuíto

La directora afincada en Santiago, Jaione Camborda, presenta 'O Corno' no festival Curtocircuíto / Mario Llorca

No marco dos contidos de cinema galego da vixésima edición de Curtocircuíto presentada onte, cómpre destacar que Planeta GZ revela a potencia creadora que é Galicia cunha escolma de oito películas que, “cun nivel cinematográfico excepcional”, combina nomes consolidados como os de Enar de Dios, Helena Girón, Ángel Santos e Xacio Baño cos de Borja Santomé ou Anxos Fazáns, novos cineastas que “son moito máis que unha promesa”. A selección presenta achegamentos heterodoxos á paisaxe que van dende o drama ao romanticismo do western Ulises de Felix Brisel ou o ensaio cientificista Ecotone (Enar de Dios) pasando pola experimentación sensorial de Bloom (Helena Girón e Samuel Delgado) ou a poética de Devociones (María Serna e Ángel Montero).

Tamén haberá filmes arredor da maternidade, do fogar e dos conflitos internos (Non te vexo, de Xacio Baño, Habitar de Anxos Fazáns e Ruovesi de Andrea Zapata-Girau). Tamén se proxectará a animación Alguén me chamou Serpe Negra de Borja Santomé, e filmes xeneracionais como Alicia fai cousas, no que Ángel Santos volve afondar nos dilemas que afectan á mocidade.

Nesta edición, a protagonista da sesión especial ‘Terra’ será Arancha Brandón, artista visual galega e fotógrafa procedente da Guarda, un dos novos talentos máis destacados do panorama galego. Mentres na programación paralela, Curocircuito x Cineclube Compostela o protagonista será o desaparecido dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño, nado no barrio de Vista Alegre, “persoeiro fundamental das rúas de Compostela e axente cultural e social imprescindible da cidade na segunda metade do século XX”.