Santiago conta aínda con 59 prazas vacantes para cursar ciclos medios e superiores de Formación Profesional

O prazo de matrícula para poder estudar algún dos graos nos que todavía hai oferta rematará este venres, día 22, ás 13.00 horas

Os Centros Integrados de Formación Profesional e os institutos aídan teñen prazas vacantes

Os Centros Integrados de Formación Profesional e os institutos aídan teñen prazas vacantes / /Xoán álvarez

Despois de cumplirse unha semana do inicio do curso académico, Santiago aínda ten prazas liberadas que se atopan vacantes en diferentes ciclos medios e superiores que se imparten nos seus Centros Integrados de Formación Profesional e nos institutos. Segundo as listas que manexa a Consellería de Educación, actualizadas este mércores, quedan 59 prazas vacantes en 13 ciclos: 4 medios e 10 superiores. O prazo de matrícula para cubrir a oferta remata este venres, ás 13.00 horas.

No referente aos ciclos medios no CIFP Compostela, o de Cociña e gastronomía ten ocupadas 42 das 45 prazas ofertadas, polo que quedan libres tres. A estas súmanse seis vacantes en Servizos en restauración, que oferta 36 prazas, e unha das 23 ofertadas en Panadaría, repostaría e confeitaría. En Lamas de Abade aínda hai catro prazas en Peiteado e cosmética capilar, o cal xa conta con 41 alumnos.

Nos ciclos superiores restan tres vacantes en Deseño e amoblamento do CiFP Politécnico que xa conta con 19 alumnos. A estas súmase unha libre en Química e saúde ambiental con unha oferta de 22 prazas. No CIFP Compostela quedan tres vacantes en Dirección de servizos de restauración con vinte prazas cubertas, dúas vacantes en Xestión de aloxamentos turísticos que reúne a 28 alumnos e unha libre en Dirección de cociña, que reúne xa a 22 alumnos. O IES A Pontepedriña aínda pode acoller a tres estudantes no ciclo de Xestión de vendas e espazos comerciais, con 27 prazas ocupadas. A estas engádense dúas vacantes en Comercio Internacional con 29 alumnos. No IES As Fontiñas hai oco en tres ciclos: en Proxectos de edificación, con 10 vacantes de 32 prazas ofertadas, 19 prazas dispoñibles en Proxectos de obra civil que conta con 11 alumnos e unha vacante en Asistencia a dirección con xa 29 prazas ocupadas.

Ciclos de grao básico e FP Dual

Sobre os ciclos de formación profesional de grao básico con prazas dispoñibles, con información actualizada a 05/09/2023, tan só hai cinco graos en Santiago con prazas dispoñibles. Trátase de Informática de oficina no IES Arcebispo Xelmírez I; Carpintaría e moble no CIFP Politécnico, Artes gráficas e Aloxamento e lavandaría no CIFP Compostela e Servizos comerciais no IES A Pontepedriña.

No que se refire á FP dual hai 20 ciclos nos centros composteláns aínda con prazas dispoñibles en graos medios e superiores. Trátase de Dirección de servizos de restauración (superior), Servizos en restauración (medio) e Xestión de aloxamentos turísticos (superior), estudos do CIFP Compostela. No CIFP Politécnico: Automoción (superior), Carpintaría e moble (medio), Construcións metálicas (superior), Deseño e amoblamento (superior), Instalacións eléctricas e automáticas (medio), Mantemento electrónico (superior), Mecatrónica industrial (superior), a oferta parcial de Automatización e robótica industrial (superior), Procesamento e transformación da madeira (medio), a oferta parcial de Operacións de laboratorio (medio), Redes e estacións de tratamento de augas (medio), e Soldadura e caldeiraría (medio). No IES A Pontepedriña hai vacantes en Comercialización de produtos alimentarios (medio), Transporte e loxística (superior)e Xestión de vendas e espazos comerciais (superior). No IES Lamas de Abade aínda hai prazas dispoñibles en Coidados auxiliares de enfermaría (medio) e no IES AS Fontiñas en Escavacións e sondaxes (medio).

Os do IES Rosalía de Castro estiveron completos desde o inicio de curso, mesmo con listaxe de espera, que aínda hai no ciclo en Ensinanza e animación sociodeportiva.

Nos outros ciclos formativos: Guía, información e asistencia trurísticas, Axencias de viaxes e Xestión de eventos e Animación sociocultural e turística, a lista de agarda xa rematou. Inda así, en palabras da coordinadora de ciclos do centro educativo, Esther Ruide, “seguimos tendo matrícula de alumnado novo naquelas prazas nas que outros alumnos e alumnas se dan de baixa nestes primeiros días de curso, normalmente porque entran na universidade”. A maiores Ruide definiu o inicio do curso como “moi bo, de momento”.

Por outra banda, o director do CIFP Politécnico, Nicolás Espasandín, tamén confirmou que “as actividades lectivas iniciáronse con normalidade”. Este curso o centro rexistrou, como é habitual, “unha moi alta demanda que redundou en que as vacantes son moi contadas”.