ocupación

Desaloxan os inquilinos dun narcopiso da rúa de San Pedro tras anos de problemas coa veciñanza

O punto de venda daba lugar a numerosos episodios de violencia, comportamentos incívicos e altercados con veciños e peregrinos

Na vivenda atopáronse restos de drogas, xeringas e varias plantas de marihuana

O lixo ateigaba unha boa parte da cociña da vivenda do narcopiso

O lixo ateigaba unha boa parte da cociña da vivenda do narcopiso / Cedida

O aumento da venda e consumo de drogas está a ser unha constante en todas as cidades, tamén en Santiago. En moitos barrios hai pisos nos que se trafica (narcopisos) e nalgúns deles hai constantes altercados, comportamentos incívicos por parte de vendedores e consumidores e situacións de violencia que fan precisa a presenza policial na zona, en especial polas noites. Isto era o que acontecía até o pasado venres 15 de setembro nos arredores do número 71 da rúa de San Pedro, cando interviu a empresa privada de desaloxo Mi casa no es la tuya.

Segundo explica a EL CORREO o seu responsable, Francisco Ojea, o propietario do ático desa casa contactou con eles para desaloxar os habitantes do mesmo, que traficaban e consumían drogas e que non eran os inquilinos dese domicilio, xa que os que si tiñan asinado contrato comunicaron hai tempo ao arrendatario que debían abandonar a vivenda porque tiñan que ingresar en prisión”, explica Ojea. Unha vez que pasou isto, os exinquilinos entregaron as chaves a outras persoas, e dende entón, nos últimos anos alternábanse na vivenda diferentes persoas que ían e viñan, provocaban altercados, roubaban ao descoido aos viandantes e provocaban outras molestias para o vecindario coma o exceso de ruído ou ouriños e vómitos na rúa.

O escaso mobiliario estaba sucio e en malas condicións / Cedida

O escaso mobiliario estaba sucio e en malas condicións / Cedida / Ana Triñáns

A rexentadora dun salón de beleza veciño do ático comenta que polo día si que había “bastante pasaxe de persoas drogadictas”, e aínda que ela non pode contar como eran as noites nos arredores si lle consta que os veciños se teñen queixado de “que había trifulcas cada noite e viña por aquí moita policía”.

O cuarto de baño acumulaba lixo e botes de bebida baleiros / cedida

O cuarto de baño acumulaba lixo e botes de bebida baleiros / cedida / Ana Triñáns

Segundo conta Francisco Ojea, o desaloxo transcorreu con normalidade, sen que se desen situacións de violencia. “Una de las cuatro personas que estaban esa mañana en la vivienda, y a las que desalojamos, tuvo un momento algo agresivo, pero en general todo se resolvió con normalidad”. A pesar de todo Mi casa no es la tuya puxo en coñecemento da policía o desaloxo, que se personou tamén no lugar para identificar as persoas que ocupaban o ático, segundo explica Francisco Ojea.

O que a empresa atopou unha vez que puido entrar na vivenda foron moreas de lixo, “jeringuillas, restos de papel de aluminio y bolsitas de plástico, una tanita (báscula para pesar a droga) y diez o doce plantas de marihuana”, asegura Ojea. Ademais, os comportamentos incívicos arredor desta vivenda eran o habitual dende hai anos, segundo explica o responsable de Mi casa no es la tuya, “escalaban la tubería para trepar al ático, y en alguna ocasión han llegado a llamar a la segunda o tercera planta del edificio pidendo que se les abriese, que no tenían las llaves”, conta Ojea en referencia non só aos ocupantes da vivenda, senón tamén a aquelas persoas que se achegaban na busca de drogas.

Fachada da vivenda desaloxada o pasado venres / Antonio hernández

Fachada da vivenda desaloxada o pasado venres / Antonio hernández / Ana Triñáns

E a cousa non quedaba aí, senón que nalgunha ocasión tentaron ocupar outra das vivendas do inmoble. “En un momento en que el propietario de la primera planta puso un anuncio de que se alquilaba, cogieron una mesita de la calle para intentar subir a ese piso”, indica Francisco Ojea.

Acción policial para acabar cos puntos de venda nos barrios

Esta semana, o edil do Partido Popular, José Ramón de la Fuente, instaba ao goberno de Goretti Sanmartín a que non escatimase en medios e persoal para que as forzas e corpos de seguridade de cidade puidesen acabar cos puntos de venda de drogas. Facía referencia neste caso De la Fuente a áreas coma a dársena de Xoán XXIII e os barrios de Conxo e Fontiñas.

Sobre o tráfico de drogas na avenida de Xoán XXIII pronunciáranse xa previamente tanto a alcaldesa Sanmartín, coma o concelleiro de Convivencia, Xan Duro. Ambos os dous destacaron que o Concello está a traballar no asunto dende hai semanas e que a policía “xa realizou detencións por roubos, de móbiles, por exemplo” e outras actuacións, segundo explicaba Xan Duro, que recalcaba que se segue a traballar nesta vía. Pero o edil José Ramón de la Fuente denunciaba que non é suficiente e pedía o reforzo do persoal, así como dos medios de que de deben dispoñer.

Pero non é a dársena de Xoán XXIII o único punto quente en canto a drogas que saíu á luz nos últimos tempos en Santiago. O pasado mes de xuño a Policía Nacional desarticulaba un dos principais puntos de venda de heroína na cidade, na rúa do Home Santo. Unha operación que culminaba coa detención de dous homes, que tamén traficaban con cocaína, e con cuxo apresamento se daba por desmantelada a principal vía de entrada da heroína en Santiago. Ademais de drogas, a policía tamén se incautou de armas, polo que se lles imputou un delito de tenza ilícita e outro contra a seguridade cidadá. Os traficantes de Home Santo tamén posuían un vehículo de alta gama, aínda que carecían de permiso de condución.

Segundo contan veteranos do corpo de Policía, cando se desmantela un punto negro de venda de drogas, o habitual é que en poucos días xurda un novo punto noutra zona da cidade. Neste caso, o novo narcopiso pasou a estar situado no número 9 da rúa Berlín, no barrio de Fontiñas. Os traficantes xa estaban instalados no inmoble dende o mes de decembro, e os movementos “estranos” xa tiñan lugar dende marzo. Pero segundo os veciños, o paso de drogodependentes acelereouse unha vez desarticulado o narcopiso na rúa do Home Santo.