Choque político

A Acta do Parlamento recolle como a nacionalista Montse Prado chama "panda de psicópatas" ao PP

A orixe da polémica atópase nun chío de X, onde o concelleiro popular de Santiago, Adrián Villa, criticaba a Pontón e Díaz

Imaxe de arquivo do Parlamento de Galicia

Imaxe de arquivo do Parlamento de Galicia / ECG

Trala denuncia do BNG en relación aos comentarios machistas do concelleiro do partido popular en Santiago, Adrián Villa, e a conseguinte contestación dos populares, a dirección do Bloque tachou de "falsas" as declaracións nas que Pontón presuntamente tildaba aos populares como "panda de psicópatas".

Unhas declaracións que o PP matizou máis tarde explicando que se referían ao BNG en xeral, e non a súa portavoz. Pola contra, os nacionalistas recoñeceron que si foi unha frase empregada pola deputada nacionalista Montse Prado.

A orixe do conflito

A polémica xurdíu a raíz dun chío publicado en X, a antiga Twitter, na cal o concelleiro santiagués criticaba a maneira de vestir da portavoz nacional, Ana Pontón, e da vicepresidenta Yolanda Díaz, calificándoas de “fashionarias”.

Trala publicación, o BNG denunciou nun comunicado o que consideran como un novo exemplo do "machismo máis rancio, que considera que se pode xulgar ás mulleres pola súa maneira de vestir" e solicitaron a Rueda "unha desautorización inmediata e contundente do concelleiro popular santiagués", para deixar claro que "na sociedade galega de 2023 non é tolerable este tipo de actitudes machistas".

Ante estas declaracións, o PP santiagués non tardou en responder aos nacionalistas, lembrándolle a Pontón que aínda non se disculpou por chamar “panda de psicópatas” a membros do partido.

Acta parlamentaria

Ao respecto deste conflito, este medio accedeu a acta parlamentaria do 26 de xaneiro de 2023 e puido corroborar a versión dos populares, xa que en devandito texto aparace reflexado como María Montserrat Prado Cores, do BNG, calificou como “panda de psicópatas que non lles importa nada o sufrimento da xente” a membros do PP.