Corría o ano 1973 cando un novo José Porto Buceta chegaba de cura á Colexita de Santa María a Real de Sar para oficiar misa. Agora, cando se cumpren 50 anos daquel día o barrio vólcase con ‘don José’ nunha homenaxe popular que se celebrará o vindeiro sábado 30 de setembro.

O evento, contará coa celebración dunha eucaristía na Colexiata, oficiada polo Arcebispo Francisco Pietro, que será ás 18.30 horas, unha homenaxe civil na praza, unha hora máis tarde, actuacións e a degustación dun “`pincho comunitario” no claustro da Colexiata.

Para esta particular “pinchada”, contarase coa participación de diversos locais, onde se poden adquirir os billetes para as consumicións. Estes lugares son: os bares Chantadina e A Roda, a panadaría Moure e o propio Museo da Colexiata de Sar.

José Porto, que congrega unha opinión unánime no barrio sobre a súa grande “calidade humana”, prefería un destino “máis rural” hai medio século, e ademais Sar, á súa chegada, acababa de ter conflito co anterior cura, pero unha vez que Porto Buceta se puxo a traballar converteuse en toda unha institución no barrio, en particular pola defensa do barrio e da veciñanza.