Investigadores de Histagra buscarán vítimas de violencia franquista en tres fosas de Galicia
Ademais dos traballos de exhumación e identificación haberá difusión dos resultados

HISTAGRA pone en marcha el Plan Cuatrienial de Memoria Democrática en Galicia 2023 / USC
Redacción
Historiadores, antropólogos forenses, arqueólogos e xenetistas centrarán os traballos de localización, exhumación e identificación de vítimas asasinadas pola violencia franquista nas fosas de Santa María de Pradocabalos (Viana do Bolo), do cemiterio de San Salvador de Trasanquelos (Oza-Cesuras) e de Santa María do Val (Narón) no marco do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en Galicia 2023.
Por parte da USC, a través do grupo de investigación de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (Histagra), integran o equipo o catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e o profesor Antonio Míguez Macho, os cales coordinan un equipo formado por arqueólogos dirixidos polo profesor da USC José Carlos Sánchez Pardo, o antropólogo forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) Fernando Serrulla Rech e o equipo de xenética do Instituto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’.
Ademais das tarefas de localización, exhumación e identificación, o Plan conta con outras dúas liñas estratéxicas relativas á divulgación dos traballos efectuados e dos seus resultados, xunto coa dignificación dos puntos de enterramento e promoción dos lugares de memoria. Entre 2021 e 2022 realizáronse os traballos de investigación e exhumación das fosas de Vilagarcía de Arousa e Crecente (2021), Celanova, Lousame e A Capela (2022), ademais de comezar as investigacións da fosa de Serantes (Ferrol) e a actualización do mapa de fosas “onde na actualidade contamos con 91 localizadas”, explican dende Histagra. En doce delas, os restos foron trasladados a Cuelgamuros en diferentes anos. Para o presente ano, contémplase o recoñecemento do espazo da fosa común do cemiterio de Celanova, a de Vilagarcía de Arousa, Crecente e Lousame.
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D
- La Guardia Civil investiga a dos personas por el uso fraudulento de una tarjeta de tacógrafo en Santiago

