Gonzalo Muíños sobre a Casa da Xuventude: “Vendo o anteproxecto demóstrase que tiñamos razón"

Segundo o anteproxecto, dos 2.500 metros cadrados que conta o edificio, a maioría irá destinado a salas de usos múltiples, un gran salón para actividades e un auditorio con capacidade para 250 persoas

O proxecto contempla ademais unha diminución da cota e unha integración na contorna da praza do Matadoiro

“Queda claro que a alcaldesa prefire aferrarse ao seu galpón e enganar á veciñanza falando de oficinas cando estamos ante un equipamento público estratéxico”

O portavoz municipal do PSOE, Gonzalo Muíños, insiste na gravidade de que a alcaldesa “tire ao lixo” unha subvención de máis de un millón de euros da Deputación para a Casa da Xuventude

O portavoz municipal do PSOE, Gonzalo Muíños, insiste na gravidade de que a alcaldesa “tire ao lixo” unha subvención de máis de un millón de euros da Deputación para a Casa da Xuventude / PSOE

ECG

A Casa da Xuventude volveu este luns ao debate político logo de que se fixese público o anteproxecto co que traballa a Deputación de A Coruña para a súa rehabilitación integral. Un proxecto que, segundo o PSdeG, mellora a imaxe, crea espazos públicos, abre un acceso directo a Belvís desde o Matadoiro e baixa a altura do edificio. O seu portavoz, Gonzalo Muíños, pediu explicacións ao bipartito reafirmándose no acordo que, no pasado mandato, alcanzaron co ente provincial: “Demóstrase que nós tiñamos razón e que a rehabilitación financiada pola Deputación é a mellor solución”.

Gonzalo Muíños insistiu en que, de non seguir adiante co acordo que o executivo de Sánchez Bugallo deixou formalizado co ente provincial, o edificio quedará “outros catro anos empantanado”. Insiste en denunciar o "ocultismo do goberno" nesta materia “sen ter dado explicacións deste proxecto” e acusa a alcaldesa de seguir unha política de “ordena e mando sen diálogo coa veciñanza, que tan sequera puido ver os planos que só lle ensinou á asamblea do BNG”.

A "gravidade" de "tirar o lixo" a subvención de máis dun millón de euros

Así quedaría la antigua Casa da Xuventude tras la reforma que propone la Deputación

Así quedaría la antigua Casa da Xuventude tras la reforma que propone la Deputación / Cedida

O edil socialista insiste na "gravidade" de que a alcaldesa “tire ao lixo” unha subvención de máis dun millón de euros, que “siga adiante co derribo dun equipamento público de 2.500 metros cadrados en pleno casco histórico” e de facelo, ademais, “en contra do que din o resto de forzas de esquerda e coa única bendición da súa asamblea sen que a señora Rozas movese un dedo para cumprir a súa palabra”.

Segundo consta no proxecto de rehabilitación da Casa da Xuventude, o edificio baixaría a súa altura, crearía unha conexión entre o Matadoiro e o parque de Belvís e conseguiría unha integración da Casa coa contorna da praza. Ademais, insiste o portavoz do PSdeG en que os usos municipais suporían o 80% do espazo, “creando salas de usos múltiples, un enorme salón para actividades e un auditorio cunha capacidade para 250 persoas”.

“Está claro que a señora Sanmartín prefire aferrarse ao seu galpón e enganar a veciñanza falando de oficinas de recadación cando do que estamos falando é dun equipamento público estratéxico” denuncia Muíños que lle afea ademais a Sanmartín que o seu proxecto “é o que deseñou o seu propio concelleiro” e critica que esta decisión se poida deber a que a alcaldesa “ten que cumprir cos seus”.