Santiago é a cuarta urbe galega que máis cartos destina a iluminación este Nadal
O Concello afirma que lle gustaría incrementar a partida, pero non puido ser porque os orzamentos están prorrogados

Instalación da árbore de Nadal no Obradoiro / Antonio Hernández
ecg
Cun orzamento de 215.000 euros, Santiago sitúase este Nadal como a cuarta das sete cidades galegas que máis gastará para a iluminación. A lista encabézaa un ano máis Vigo, que reserva 2,37 millóns de euros. A segunda urbe por gasto, según informa Europa Press, será Ourense, con 600.000 euros. A Coruña ocupa o terceiro posto cun orzamento de 470.000 euros.
Por detrás de Santiago colócanse Ferrol e Lugo que destinarán aproximadamente 153.000 euros ás luces do Nadal. Pontevedra pecha a lista cun orzamento de 140.000 euros. Na capital galega as luces correrán á cargo da empresa Iluminaciones Santiaguesas. Segundo aseverou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, este ano haberá “haberá menos luces e máis brancas”. O Concello explica que lle gustaría poder incrementar a partida para este Nadal, pero non puido ser porque os orzamentos están prorrogados.
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- La primera panadería ecológica de Santiago que empezó con un carro y un caballo: 'Nuestro pan es para gente que quiere cuidarse
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
