Conta atrás para o Santiago(é)tapas: a vindeira edición atrasa data e contará cun novo premio
'As Tapas son a estrela' será o lema da XV edición do recoñecido concurso gastronómico de Compostela

Conta atrás para o Santiago(é)tapas: a vindeira edición atrasa data e contará cun novo premio / Santiago(é)tapas

A XV edición do concurso gastronómico Santiago(é)tapas desenvolverase do 15 de febreiro ao 3 de marzo, despois de anos realizándose no mes de novembro coa fin de desestacionalizar o turismo.
“Agora a actividade é máis forte, entón o cambio de datas é unha oportunidade para aumentar a actividade dos hostaleiros nun periodo de pouca demanda”, di a concelleira Miriam Louzao nunha rolda de prensa de promoción do Santiago(é)tapas, na que estivo acompañada por Flavia Ramil, xerente de Turismo de Santiago e a presidenta de Hosteleria Compostela, Sara Santos.
Para dar a coñecer o cambio de datas á veciñanza e aos locais faranse varias accións: campaña publicitaria en medios locais, distribución de 50.000 manteis entre os establecementos para as comidas e ceas, unha traseira nun autobús e distribución de carteis por puntos do Concello.
Inscricións abertas
Flavia Ramil recordou que os locais interesados en inscribirse poden facelo ata o 10 de xaneiro na sede de Hosteleria Conpostela ou na páxina Santiago(é)tapas.
Sobre o funcionamento do concurso informou Sara Santos que será similar ao doutros anos, con varios roteiros e premios para as mellores tapas en diferentes categorías. Como novidade haberá premio a tapa máis doce “para incentivar traballo de locais que traballan almorzos e merendas”.
Tamén recordou que haberá premios para os que completen as etapas como ceas experiencias, productos gourmet e entradas a museos e espectáculos.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
