O PP de Santiago pide explicacións ao ‘tripartito’ sobre a posta a punto do Vero Boquete

Critican que o acordo orzamentario do bipartito co PSOE "parece que moi pechado non quedou"

O edil ‘popular’ Adrián Villa na sala de prensa de Raxoi

O edil ‘popular’ Adrián Villa na sala de prensa de Raxoi / CEDIDA

ECG

O edil do PP Adrián Villa puxo este venres no punto de mira o acondicionamento do estadio Verónica Boquete, sobre o que o Goberno local afirmaba esta semana que non vía posible a súa posta a punto sen a axuda doutras administracións.

Villa criticou o acordo para os orzamentos de 2024 entre o Goberno local e o PSOE, xa que lle parece que “moi pechado non quedou”, en relación á rehabilitación das instalacións deportivas da cidade.

O edil pediulle aos socialistas “que se preocupen máis de como defenden os intereses dos composteláns os seus socios de goberno do BNG e CA, aos que lle deu un cheque en branco asinando ese acordo de orzamentos”, en referencia ao pacto que recolle, entre outras medidas, un plan de mellora das instalacións deportivas de Santiago, así como das pistas exteriores.

Adrián Villa insistiu en que os socialistas “deixen de facer o ridículo esixindo publicamente cousas que deberían ter pechado no seu gran acordo ou no que firmaron no vai o arranxo do Vero Boquete?”.