Entroido en Compostela: volve o desfile-concurso con premios para os mellores disfraces
Terá lugar o martes 13 de febreiro con saída ás 17.30 h da avenida de Ferrol
![Imaxe da comparsa `A Ruliña de Laraño´](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/f3058171-9d3b-4241-a61d-e6d440f1fd2a_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Imaxe da comparsa `A Ruliña de Laraño´ / Concello
El Correo Gallego
O Concello de Santiago premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela que participen no desfile de Entroido do vindeiro 13 de febreiro. O prazo de inscrición ao concurso abrirase nos vindeiros días.
Unha vez aberto o prazo, tras a publicación das bases no BOP, as persoas interesadas deberán presentar a súa inscrición ata o 5 de febreiro a través da sede electrónica do Concello de Santiago ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Para as carrozas haberá tres premios de 2.500, 1.500 e 1.000 euros. No caso das comparsas, que estarán compostas por un mínimo de 15 persoas, entregaranse premios de 2.000, 1.500 e 1.000 euros. Na categoría de grupos, formados por entre 3 e 14 persoas, hai tamén tres premios, de 700, 400 e 200 euros.
![Desfile do Entroido 2023 en Compostela](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/a7ce9c38-2088-4bc9-87ea-6b031ed21871_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Desfile do Entroido 2023 en Compostela / Antonio Hernández
Ademais, entregarase un premio de 300 euros á mellor parella; e tres premios aos mellores disfraces individuais, de 300, 200 e 100 euros. Por último, recoñeceranse as mellores comparsas procedentes das parroquias e barrios de Santiago, con tres premios de 1.200, 600 e 400 euros.
O desfile terá lugar o martes 13 de febreiro con saída ás 17.30 h da avenida de Ferrol e percorrerá as rúas Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra para rematar na avenida de Xoan Carlos I. A entrega de premios terá lugar na Sala Capitol, na rúa Concepción Arenal.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local