Reabre a cafetería da Facultade de Medicina da USC cunha gran novidade: oferta de buffet libre

“Tivemos que realizar unha reforma do 80 % do espazo en tan só un mes, tanto na propia cociña como no comedor”, comenta Javier Iglesias, xerente de Beach Solpor

A nova imaxe da cafetería da Facultade de Medicina da USC

A nova imaxe da cafetería da Facultade de Medicina da USC / l.rey

A Facultade de Medicina da Universidade de Santiago reabre mañá ás 9.00 horas baixo a dirección de Beach Solpor, quen no actual curso académico rexenta outras seis cafeterías da institución compostelá.

No mes de setembro, co inicio do curso académico, o concurso para encontrar concesionario quedara deserto, igual que sucedeu na cafetería do Burgo das Nacións. Nese momento o sector trasladara á institución compostelá que cos precios tasados non lles quedaba marxe de beneficio.

De segundas a empresa Beach Solpor decidiu facerse cargo da mesma. “Tivemos que realizar unha reforma do 80 % do espazo en tan só un mes, tanto na propia cociña como no comedor”, comenta en conversa con EL CORREO Javier Iglesias, xerente de Beach Solpor.

Como novidade ofertarase aos usuarios da cafetería buffet libre “con sete ou oito pratos de primeiros e outros tantos de segundos”. Na mesma traballarán de inicio sete persoas en horario de 8.30 a 20.30 horas, de luns a venres. “Pola zona na que se ubica estase contemplando a apertura nos sábados”, relata Iglesias.