Espiño lanza o vindeiro día 29 a súa nova canción, ‘Lilith’, unha “fusión rock”

“É unha homenaxe ao símbolo do feminismo representado polo personaxe mitolóxico”

Alfonso Espiño / ECG

Alfonso Espiño / ECG / REDACCIÓN

Redacción

O vindeiro 29 de febreiro Espiño lanza a súa nova canción Lilith. “É unha fusión única de rock contemporáneo con influencias clásicas que te transportará a outra dimensión e é moito máis que unha canción; é unha homenaxe ao símbolo do feminismo representado polo personaxe mitolóxico de Lilith”, sinala o músico compostelán.

Alfonso Espiño formou esta banda que leva o seu nome en 2016, comezando unha odisea musical en solitario “coa que explora as posibilidades do pop lisérxico”, engade. O grupo está composto por Ale González (teclados), Brais Sánchez (guitarras), Fran Facal (batería) e o propio Espiño (baixo e voz), sendo gañadora do 1º Premio do II Certame Galicia Creativa (2016) e finalistas nos Premios Martín Códax da Música en múltiples ocasións. A música de Espiño deinese como “unha fusión de sons e letras inspiradas pola natureza e melancolía”.

Atravesando fronteiras, Espiño participou en diversos festivais como Felipop, Noroeste Estrella Galicia, Feito a Man, e até no Suns Europe en Italia. Por outra banda, Alfonso Espiño tamén é DJ en clubs e festivais, e investigador musical, coa súa tese doutoral publicada baixo o título de ComPOPstela en 2020.