A USC acorda ofertar un total de 161 prazas de persoal docente e investigador para este 2024
O Consello de goberno da Universidade decidiu crear a cátedra Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, centrada na Xeración Nós

O Consello de goberno da USC aprobou o calendario académico para o curso 2024-25 / Santi Alvite

O Consello de goberno da Universidade de Santiago (USC) reuniuse este venres en sesión ordinaria para aprobar, entre outras cuestións, o número de prazas que integran a OEP (Oferta de Emprego Público) para 2024, e que ascende a 161 prazas de PDI (Persoal Docente e Investigador). Ademais, na xuntanza celebrada no Centro de estudos avanzados da USC, tamén se aprobou a creación da cátedra Castelao, especialmente vencellada coa Xeración Nós, e o calendario académico para o vindeiro curso.
Das 161 prazas que se ofertan para 2024, e que todas elas teñen vinculación permanente coa universidade, un total de 119 pertencen á quenda libre. Destas, 70 corresponderán a profesorado permanente laboral, 48 serán para profesores titulares e un consistirá nunha praza de catedrático. Ademais, segundo informa a USC, haberá unha reserva de 19 prazas para persoal investigador doutor e 42 de catedrático na modalidade de promoción interna.
En canto aos postos PDI, o Consello de goberno aprobou adscribir á USC os investigadores integrados no Programa Oportunius: Diego Peña, Sebastián Villasante e Yolanda Prezado. Mentres que o calendario para o curso 2024/25 dará inicio o 9 de setembro deste ano e prolongarase até o 31 de agosto de 2025. O primeiro semestre irá de setembro ao 20 de decembro, con oportunidade para os mestrados de daren inicio o 18 de setembro; o segundo semestre abranguerá dende o 28 de xaneiro de 2025 até o 16 de maio.
Cátedra Castelao
O Consello de goberno da USC aprobou na súa xuntanza ordinaria do venres a creación da cátedra Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, centrada especialmente na Xeración Nós, na procura de fomentar, investigar e difundir a nivel estatal e internacional a figura do autor de Rianxo.
Ao igual que xa aconteceu cando a USC creou a cátedra Rosalía de Castro, o que busca a universidade a través da creación destas doutrinas institucionais é fomentar o “estudo da obra académica de autores ilustres” da literatura galega.
Renovación xeracional
A planificación das actuacións da USC en materia de profesorado para 2024 tamén foi aprobada polo Consello de goberno, polo que se prevé a contratación de profesorado axudante en áreas especialmente avellentadas e que presenta unha previsión de déficit estrutural para dentro de cinco anos. Ademais, a USC fíxase o obxectivo de reducir a contratación temporal.
Convócanse 53 prazas de profesorado axudante doutor, 192 de carácter indefinido para asociados, outras 10 en Ciencias da saúde para profesores asociados e 5 de profesorado con vinculación asistencial, isto é, profesionais de fóra da USC contratados de forma temporal e con dedicación parcial. Haberá tamén 79 prazas de estabilización, das que 19 serán de profesores titulares e 60 de profesorado permanente laboral.
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Christian Gálvez: «Santiago es mi segunda casa y es parte de mi vida»
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Suspendida la huelga indefinida de buses en Santiago tras el principio de acuerdo entre patronal y sindicatos
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago
- Rechazo del sector del transporte al preacuerdo con la patronal: ¿Qué pasa con la huelga en Santiago?
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
