Xan Duro reúnese coa Xunta e coa Deputación da Coruña: un paso máis para impulsar o parque comarcal de bombeiros

O obxectivo é asinar o convenio en 2024, e non se descarta ofrecer provisionalmente o servizo dende o actual parque de bombeiros da cidade

Santiago Villanueva, José Ramón Rioboo e  Xan Duro, onte, durante a reunión / XOÁN CRESPO

Santiago Villanueva, José Ramón Rioboo e Xan Duro, onte, durante a reunión / XOÁN CRESPO / REDACCIÓN

A reunión celebrada onte entre Xunta, Concello de Santiago e Deputación da Coruña para tratar a creación dun parque comarcal de bombeiros en Santiago extráese un claro compromiso de Xunta e Deputación para levalo a cabo. Ambas entidades teñen xa contemplada nos seus orzamentos a súa achega –3 millóns de euros, financiados ao 50%–.

Tócalle agora ao Concello de Santiago enviar a documentación técnica precisa para que se poida avanzar na tramitación. O obxectivo é asinar o convenio en 2024, e non se descarta ofrecer provisionalmente o servizo dende o actual parque de bombeiros da cidade.

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, integrado por Xunta e Deputación- mantén os compromisos de xuntanzas anteriores, é dicir, cada institución achegará 1,5 millóns de euros que se destinarán a sufragar as obras do novo parque (2 millóns da chega total de 3) e un millón para o financiar o funcionamento anual do servizo comarcal. O Concello de Santiago encargarase da contratación do persoal, da licitación do servizo e da contratación das obras.

Reuníronse Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias, o deputado José Ramón Rioboo, e o edil de Mobilidade, Xan Duro.