Muíños solicita ao goberno local a supervisión do estado dos muros da rúa de Belvís para evitar perigos

A presión das árbores do parque sobre a construción provocou desprendementos

Alarma entre os veciños de Quiroga Palacios

Imaxe dun desprendemento do muro da rúa de Belvís

Imaxe dun desprendemento do muro da rúa de Belvís / Cedida

O actual estado dos muros na rúa compostelá de Belvís, fronte ao convento de Santa María, comeza a xerar certa preocupación entre a veciñanza da zona ante as recentes caídas de pedras que os conforman. Así llo trasladaron ao Grupo Socialista que lle reclama ao goberno local unha análise do estado no que se atopan, así como que se tomen “as medidas necesarias” para confirmar que o tramo sexa seguro.

Nas últimas semanas rexistráronse varios desprendementos en algún dos puntos do muro, aínda que, segundo explica Gonzalo Muíños, foron “localizados afortunadamente”. O socialista insiste na necesidade de revisar o seu estado, toda vez que tamén estase a ver como “o muro parece dar de si e a abombarse” pola presión das árbores do parque.

Gonzalo Muíños recorda que se trata dunha rúa de importante tránsito de persoas, e pola que pasa ademais o transporte público da cidade, algo que debe levar, insiste, a tomar medidas cautelares para garantir un risco cero nesta zona. “Non se trata de esperar alarmismo senón de resolver unha situación pola que os veciños da zona de Quiroga Palacios xa nos teñen trasladado a súa inquedanza”, manifesta.