A USC aspira a ingresar este ano 180.000 euros ante o aumento do número de solicitudes de patentes
Cos recursos financeiros e humanos da institución o incremento foi dun 25% no último ano, chegando a presentar 11 en España
![Un momento do seminario IP Perspectives Galicia sobre patentes celebrado este venres no Cimus](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/b535fca4-7a3f-4737-abd3-6047e8ff1868_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Un momento do seminario IP Perspectives Galicia sobre patentes celebrado este venres no Cimus / Cedida
A Universidade de Santiago incrementou no ano 2023 o número de solicitudes de patentes presentadas ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), chegando ás 11, e as solicitudes presentadas ou estendidas a terceiros países (36). Ademais, o número de comunicacións de invención ascendeu ata as 73. A tradición na protección do coñecemento na institución compostelá remóntase ao ano 1988, e na actualidade a carteira activa sitúase arredor das 300 patentes.
Estes datos déronse a coñecer este venres no arranque do seminario IP Perspectives Galicia que organiza a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) en colaboración coa firma especializada en propiedade industrial ABG Intellectual Property. Na cita, celebrada no Cimus, estivo presente o delegado do Reitor para Transferencia de Coñecemento da USC, Luis Otero, quen resaltou que “o incremento dun 25% no número de solicitudes de patente foi posible grazas ao aumento dos recursos dispoñibles, tanto financeiros como humanos, que mostran o compromiso da nosa institución coa protección do coñecemento xerado”.
A importancia de negociar a compensación económica dos acordos de licenza e contar cun asesoramento especializado dun experto en propiedade industrial fixo que Luis Otero sinalara que os ingresos en concepto de royalties previsiblemente ascenderán a 180.000 euros anuais en 2024, “correspondentes a tecnoloxías protexidas tanto mediante patente como mediante secreto empresarial”.
A maiores de mediante acordos con terceiros, as invencións patentadas xurdidas nos laboratorios poden tamén transformarse en industria e emprego mediante a creación de empresas de base tecnolóxica. En relación a estas últimas a USC dispón de 31 empresas que sustentan o seu modelo de negocio na explotación do coñecemento científico. Estas empresas, a diferenza das ‘startup’ convencionais, adoitan ter taxas de supervivencia e éxito moito máis elevadas.
A raíz destes datos, e como se puxo de manifesto no debate desenvolvido ao fío do programa IP Perspectives Galicia, a Universidade de Santiago atópase ben posicionada para abordar o impulso da transferencia que se recolle na nova Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), a Lei da Ciencia e o Plan de Transferencia.
Na súa intervención o delegado do reitor tamén destacou o compromiso da USC coa transferencia do coñecemento, coa dotación dun orzamento propio de 350.000 euros no presuposto da área de valorización, a dotación de novos profesionais, o deseño de novos programas de valorización, o desenvolvemento de plans de transferencia para grupos de investigación, de programas de emprendemento e de colaboración coas empresas.
O potencial comercial dunha tecnoloxía patentada
Nesta cuarta edición, a xornada contou coa presentación dunha ferramenta clave para medir o potencial comercial dunha tecnoloxía patentada e definir así a súa capacidade para xerar beneficios económicos ou competitivos a través da concesión de licenzas ou a venda. Editouse en colaboración coa Fundación Barrié dentro do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local