Os socialistas de Compostela piden un plan de mobilidade no corredor Pardiñas-Galanas

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños nunha intervención no Pazo de Raxoi

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños nunha intervención no Pazo de Raxoi / CEDIDA

Redacción

Ante o inicio das obras de humanización do Milladoiro (Ames), o Partido Socialista levará ao Pleno da próxima semana unha petición para que o Goberno local leve a cabo, coa Consellería de Infraestruturas, unha planificación da mobilidade no corredor Pardiñas-Galanas, ao considerar que pode verse afectado.

Concretamente, “temen”, segundo explicou este sábado o edil Gonzalo Muíños, que os 30.000 vehículos que diariamente usan a N-550 se desvíen por esa zona, e consideran que a área “non está en condicións de asumir ese volume de tráfico”. 

O Grupo socialista tamén lles propón ao Goberno municipal e á Consellería de Infraestruturas que xestionen co Ministerio de Transportes posibles bonificacións por parte de Audasa para o tramo Santiago-Padrón da AP-9 durante a execución destas obras.