O PP téndelle a man a Raxoi para facer da Alba de Compostela "o acto que merece a cidade"... pero non o 25 de xullo

Defenden a "singularidade" da festividade do a Apóstolo e da Ofrenda, algo que "vai máis alá de perfís ideolóxicos"

Piden unha reunión extraordinaria da Comisión de honras para decidir "en consenso" para deseñar o evento civil deste ano

Imagen de recurso del Alba de Compostela del año pasado

Imagen de recurso del Alba de Compostela del año pasado / Jesús Prieto

O concelleiro do Partido Popular José Antonio Constenla compareceu este luns en rolda de prensa para amosarlle á alcaldesa Goretti Sanmartín que a súa formación "ten a man tendida" para organizar conxuntamente a Alba de Compostela deste ano, "para que sexa o acto de cidade" que a veciñanza de Santiago merece.

O edil, que lembrou que o PP foi "duro en xullo pasado", con esta iniciativa programada paral o día da Ofrenda ao Apóstolo e á que rexeitaron asistir os membros da oposición municipal (PP e PSOE), solicitou que a rexedora convoque de modo extraordinario a Comisión de honras.

Trátase de que "xuntos" se deseñe este acto, se busque unha data independente do día do Apóstolo, se escollan as persoas homenaxeadas e se decida un lugar de celebración ao que poidan asistir o maior número posible de veciños.

Dende a bancada 'popular' deféndese a singularidade da Ofrenda ao Apóstolo, pola presencia dos Reis de España, entre outros motivos, e aseguran que o número de actos que se desenvolven arredor da mesma -coma o xantar institucional promovido dende o Arcebispado- e que dan lugar a unha ampla programación de eventos o 25 de xullo "aconsellan que non se programen outros actos na mesma data".

Por todo isto, Constenla insta a Sanmartín a que "abandone o empeño ideolóxico" con este evento.