As Cancelas celebra o Día da Nai con premios valorados en 1.000 €

Unha das Cabañitas del Bosque, situadas na Serra de Outes (A Coruña)

Unha das Cabañitas del Bosque, situadas na Serra de Outes (A Coruña) / TripAdvisor

Redacción

O Centro Comercial As Cancelas súmase ás celebracións polo Día da Nai, o vindeiro domingo 5 de maio, e faino cun concurso ‘rasca e gaña’ no que os clientes dos establecementos desta área comercial poderán optar a premios valorados en 1.000 euros.

Un destes premios consiste nunha estancia para dúas persoas nas Cabañitas del Bosque -Outes, A Coruña-, uns aloxamentos de deseño e luxo integrados na natureza. Ademais, o centro comercial ofrece, entre outros agasallos, masaxes relaxantes e packs de viño Martín Códax. Este ‘rasca e gaña’ púxose en funcionamento onte e permanecerá aberto até o día 4, en horario de 11 a 14 horas e de 16.30 a 20.30.

Tan só é necesario presentar no stand correspondente do primeiro andar de As Cancelas un ticket de compra, dalgún dos establecementos do centro comercial, valorado nun mínimo de 20 euros. Mediante o escaneo dun código QR e un sinxelo formulario de rexistro, os clientes accederán ao seu ‘rasca e gaña’ e saberán ao momento se resultaron ou non premiados.

Ademais, o establecemento comercial tamén lanzou -até este venres ás 12 horas- unha campaña a través das súas redes sociais (Facebook e Instagram), nas cales tan só hai que nomear algunha persoa nos comentarios das publicacións desta campaña para entrar no sorteo dunha estancia para dúas persoas nas Cabañitas del Bosque.