O PSOE de Santiago denuncia a falta de efectivos policiais nas festas da Ascención
Aseguran que se incumpriu o decreto de servizos mínimos ordinarios do departamento de Seguridade

O voceiro do Partido Socialista en Raxoi, Gonzalo Muíños / Jesús Prieto

O Grupo socialista compostelán cualifica de “preocupante” a escaseza de efectivos da Policía Local durante algunha das xornadas das festas da Ascensión, que se desenvolveron entre os días 8 e 12, a pesar de que as atraccións permanecerán aínda na Alameda até o domingo 19.
Segundo o voceiro do PSOE, Gonzalo Muíños, “nalgún dos días das festas houbo só unha patrulla e un vehículo de atestados” da Policía Local. Dato que sitúa os efectivos deste corpo “por debaixo do mínimo por quenda que establece o decreto de servizos mínimos ordinarios”, di Muíños en relación co documento do departamento de Seguridade cidadá de xullo de 2022.
Os socialistas presentaron ante o Goberno local unha pregunta ao respecto —solicitando resposta por escrito—, “para que nos confirmen cal foi o operativo durante as festas” e que se “planifiquen os efectivos” de cara a próximas datas. Referíase neste caso o concelleiro Gonzalo Muíños a citas tan multitudinarias e próximas coma o festival O Son do Camiño —que terá lugar a finais deste mes— ou as celebracións do Apóstolo, en xullo.
O PSOE advirte que o acontecido nas festas da Ascensión “non se pode repetir” a instan ao Executivo de Goretti Sanmartín a realizar “unha mellor planificación de efectivos”, pois, como alertaba o edil Muíños respectar os servizos mínimos da Policía Local, repercute non só “no bo servizo á cidadanía” senón tamén na “seguridade dos axentes”.
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros
