A concentración de Erguer en solidariedade con Gaza consegue unha reunión co equipo de goberno da USC

A mocidade e estudantado santiagués reuníronse este mércores para solicitar un cese de actividades da universidade con Israel ao Goberno da universidade

A concentración acadou o seu obxectivo e reuníronse co equipo de goberno da USC, co que acordaron un manifesto de oito puntos

Estudantes da USC manifestáronse contra a ofensiva israelí en Gaza

Javier Rosende Novo

Antía Suárez

O estudantado santiagués xa leva máis dunha semana de concentracións en solidariedade co pobo palestino, e este mércores a loita mudou ás rúas para facer ruído e pedir accións á universidade. Dende Erguer, unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, convocouse unha concentración ás 12 da mañá na Casa da Balconada, sede da Xerencia da Universidade de Santiago, para denunciar o que definen como "xenocidio sionista". O obxectivo principal, como explica o responsable da organización Artoi Gavilones, era "facer presión á Universidade e ter unha reunión con eles e intentar conseguir uns compromisos". Durantes esta acción, a organización estudantil atopábanse apoiados por colectivos internacionalistas como Mar de Lume a Galiza por Palestina.

Estudiantes de la USC se manifiestan contra la ofensiva israelí en Gaza

Estudantes da USC maniféstanse contra a ofensiva israelí en Gaza / Javier Rosende Novo

A concentración de máis de medio centenar de estudantes, comezou na Balconada e rematou no Reitorado, edificios onde deixarían o seu manifesto. Dentro das súas peticións, que leron ao principio da congregación, o que pedían é que "como mínimo a Universidade de Santiago condene o xenocidio que está cometendo o Estado ilexítimo de Israel no pobo palestino e un alto o fogo de inmediato. Sobre todo, o que poden facer as univeridades e institucións académicas, é non traer ningún tipo de conferenciante, nin acto que acolla persoas abertamente sionistas. Tamén desenvolver e intensificar as colaboracións coas universidades palestinas, que no caso da USC apenas hai, e axudar e destinar fondos para a súa recuperación. En definitiva, apoiar a comunidade palestina, xa que outras universidades xa comezaron con programas de acollida de estudantes e profesores".

No final do percorrido, o estudantado entrou na sede do reitorado para deixar o seu manifesto e conseguiron esa reunión que procuraban. Xa na segunda planta, cos cánticos enchendo o corredor e as bandeiras palestinas batendo no chan, o goberno da universidade accedeu a reunirse con eles e escoitar as súas peticións. A esta reunión, asistiron os membros de equipo de goberno e da universidade, entre eles o xerente, responsable do gabinete do reitor, a vicerreitora de estudantes e o vicerreitor de profesorado.

Nesta reunión, acadouse un manifesto de oito puntos entre o equipo de goberno da USC e a asociación de estudantado. Artoi Gavilones comenta que “este é un importante paso para a nosa loita, pero non é a totalidades das nosas peticións”. Mais, destacan a importancia do último punto, no que se comprometen a manter aberto o diálogo con todas as expresións de auto organización da comunidade universitaria. Dende o equipo da universidade, comentan que algúns destes puntos xa foran reclamados no seu momento pola universidade na declaración do claustro o 1 de decembro de 2023, onde xa se pedía o alto ao fogo.

Este documento de momento só indica o acordo entre estes dous equipos, aínda ten que ser revisado no próximo consello do goberno, que se celebrará o 31 deste mes. Dende Erguer comentan esperanzados que “en principio, vaise aprobar, vai a ir adiante”.