Mobilidade

A rúa Casas da Hedra e Santa Marta de Abaixo veranse afectadas por cortes de tráfico

O motivo é por mor da realización dunha serie de tarefas de aglomerado previstas polo Concello

Corte de tráfico na rúa Casas da Hedra

Corte de tráfico na rúa Casas da Hedra / Concello

El Correo Gallego

Os vehículos non poderán circular polo tramo comprendido entre a rúa Casas da Hedra e a rúa da Ponte do Viso dende este luns 27 de maio e ata o mércores 29 con motivo da realización dunha serie de tarefas de aglomerado previstas polo Concello. O corte de tráfico está fixado en horario de 08.30 a 18.30 horas.

A maiores, o vindeiro martes 28 de maio, en horario de 07.00 a 20.00 horas, a rúa de Santa Marta de Abaixo quedará cortada ao tráfico para proceder coa realización dunha acometida eléctrica.

En concreto, o punto de corte será na unión da rúa de Santa Marta de Abaixo coa rúa Campo de Santa Marta. Isto implica que no horario establecido os/as residentes das vivendas afectadas deberán entrar e saír polos extremos destas dúas rúas no caso de querer utilizar o seu vehículo para desprazarse.

Unión da rúa de Santa Marta de Abaixo coa rúa Campo de Santa Marta

Unión da rúa de Santa Marta de Abaixo coa rúa Campo de Santa Marta / Maps

Ante estes dous cortes de tráfico, o Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar durante os días marcados para a realización das distintas actuacións.