Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A campaña ‘Camiña a Galicia’ estende a mirada aos visitantes internacionais

Terá maior incidencia nos meses de xuño e xullo e continuará o resto do ano, buscando afianzar o Camiño como unha viaxe a ter en conta nesta década xacobea que se inaugura

Ourense, 4 de xuño de 2022.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, invitou hoxe a camiñar a Galicia neste segundo Ano Xacobeo para consolidar a recuperación turística co impulso do AVE e dos visitantes internacionais. Durante o acto de presentación, Rueda aseverou que a campaña turística para este 2022 volve apostar polo mellor que ten Galicia: a súa propia terra. “Ensinamos o mellor de Galicia no mellor momento para facelo e no momento máis necesario”, dixo, incidindo en que Galicia é unha anfitrioa xenerosa que ofrece o mellor das súas 900 praias, con 112 bandeiras azuis; dos seus 1.600 quilómetros de costa; da súa potencia termal, en Ourense; das súas sete reservas da biosfera declaradas pola Unesco; das súas 160 festas de interese turístico e das súas 10 rutas xacobeas, con máis de 380 Bens de Interese Cultural e nas que se mesturan as culturas de 180 países.

Así mesmo, salientou que a alta velocidade súmase a unha campaña que xa amosou o seu tirón en 2021, cun comportamento turístico 22 puntos mellor ca media nacional. “Estamos a falar dun tren de oportunidades para a provincia, para Galicia e para o turismo”, abundou, facendo fincapé na necesidade de que o AVE chegue a todas as cidades da Comunidade.

Cun peso no PIB da Comunidade do 10,4%, o titular do Goberno galego afirmou que a Xunta seguirá apoiando ao sector, como fixo coa posta en marcha de medidas de reactivación: cunha inxección de case 200 millóns de euros; ou con iniciativas como o Bono Turístico #QuedamosEnGalicia, que segue este ano cun orzamento de 1,5 millóns de euros, e o Seguro Coronavirus, que estará vixente ata o verán.

Ao longo da súa intervención, afirmou tamén que a Administración autonómica seguirá a traballar para que os datos de visitantes este 2022 alcancen novos récords. “Hoxe mesmo, agardamos a chegada a Santiago do peregrino coa compostela 100.000 e queremos seguir avanzando para intentar bater o récord de peregrinos que anotamos en 2019 e situarnos por riba das 347.000 compostelas”, precisou.

Unha Galicia aberta a todos. O titular da Xunta concluíu subliñando que os camiños galegos están abertos a todos; “aos galegos que queremos facer unha escapada sen saír da casa; ao resto das Comunidades e ao turista internacional”, dixo, precisando que a estes últimos está dirixida unha campaña internacional, co fin de estender a invitación a turistas de países europeos, Estados Unidos ou Corea do Sur. Para acentuar o carácter multicultural da Ruta Xacobea, na creatividade da campaña, coa voz inconfundible dun embaixador de Galicia como é Xoel López, engadíronse novas historias de estranxeiros que realizan o Camiño de Santiago, así como localizacións e argumentos que incrementan a proxección internacional de Galicia, como é o fin do mundo ou o último atardecer de Europa. A campaña terá maior incidencia nos meses de xuño e xullo e continuará o resto do ano, buscando afianzar o Camiño como unha viaxe a ter en conta nesta década xacobea que se inaugura.

04 jun 2022 / 14:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.