Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A catedrática da USC Paz García recibe a medalla de honra do Colexio de Rexistradores de España

recoñecemento. O Colexio de Rexistradores de España entregou onte unha das súas medallas de honra correspondentes a 2023 á catedrática da USC María Paz García Rubio, sendo o máximo galardón deste corpo de xuristas. “Para mí es un agradecimiento personal y también institucional por aquello que represento como profesora de universidad de la USC y como miembro de la Comisión General de Codificación, y teniendo en cuenta que no siempre se reconoce a estas instituciones”, dixo García Rubio a este medio.

A profesora García Rubio é catedrática de Dereito Civil da USC, vocal permanente da Sección Primera (Civil) da Comisión Xeral de Codificación do Ministerio de Xustiza e presidenta da Comisión Jubilare.

O acto, que se desenvolve cada ano coincidindo co aniversario da promulgación da lei hipotecaria de 1861, estivo presidido pola ministra de Xustiza, Pilar Llop Cuenca.

Na sesión participaron María Emilia Adán García, decana do Colexio de Rexistradores de España, e José María Ramírez-Cárdenas, secretario do Colexio de Rexistradores de España. l. rey

09 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.