Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A compostelá María Meijide gaña o Premio Jesús Núñez de arte gráfica da Deputación

    Santiago. A compostelá María Meijide, coa súa obra Drama en el polígono, é a gañadora do XVI Premio Internacional de arte gráfica convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. A obra de María Meijide, elaborada con técnica mixta (litografía sobre aluminio + chine collé) foi escollida por un xurado composto por Miriam Pérez Fernández, Marta María Fermín Rodríguez, Isabel García Elorrieta, Manuel Ignacio Martínez Antelo e Jesús Mateos Brea, e presidido pola responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, María Muíño, coa xefa de Servizo de Acción Cultural, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz, como secretaria. Na xuntanza, celebrada na Fundación CIEC de Betanzos, tamén estiveron presentes o comisario do premio, Pedro Galilea, e o presidente da Fundación CIEC, Jesús Núñez.

    Drama en el polígono foi escollida como gañadora entre as 135 obras presentadas que procedían de 23 países distintos, e o xurado salientou no seu ditame “o tratamento do debuxo, a textura da imaxe e a utilización de técnicas tradicionais como a litigrafía para facer un debuxo lúdico e menos clásico”. ecg

    09 oct 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito