Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A creación de redes de apoio, foco do ‘Encontro Alzhéimer Hoxe’ para un servizo integral

Mila Castro centra o debate no benestar dos pacientes con demencia e das súas familias

No marco da formación 2022 a Federación Alzhéimer Galicia organizou un encontro no que se puxeron en valor as Unidades Terapéuticas para que estas sexan recoñecidas desde a perspectiva sanitaria como un servizo de atención integral e especializada en demencias. Un recurso de gran valor no referente á prevención e o diagnóstico precoz

O seu obxectivo é propiciar un debate sobre un tema de actualidade relacionado coas demencias e fomentar o intercambio de ideas dos diferentes profesionais.

A este respecto, a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro asegurou que, “nun momento tan delicado e importante como o que vivimos, “temos que ser capaces de tecer unha gran rede social que dea unha resposta efectiva e eficaz ás demandas dos colectivos máis febles. Foi no Encontro Alzhéimer hoxe. Atención Integral e especializada en demencias, organizado pola Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) que se celebrou onte na Cidade da Cultura.

Mila Castro destacou, sobre todo, o contido das xornadas, nas que se puxeron en valor as Unidades Terapéuticas, co obxectivo de que “sexan recoñecidas desde a perspectiva sanitaria como un servizo de atención integral e especializado en demencias”, ademais de crear unha rede de atención cohesionada e forte cun obxectivo común: mellorar a atención e a calidade de vida das persoas con demencias e as súas familias.

“O debate está sobre a mesa, engadiu. Un debate no que o centro de atención ten que ser, sinalou “o benestar do paciente e das súas familias”.

Por iso, engadiu, ás distintas administracións correspóndenos poñer á súa disposición todas as ferramentas e instrumentos necesarios para acadar este obxectivo. E máis neste momento, cunha pandemia como a que estamos vivindo. Se o confinamento foi duro para nós, imaxinen como sería para as persoas que padecen alzhéimer e para as súas familias. Pero, se algo demostrou esta pandemia, é a importancia das terapias non farmacolóxicas para o mantemento e retardo do avance da enfermidade”.

A responsable de Políticas Sociais lembrou que “desde o Concello de Santiago, como xa vimos facendo, imos seguir apoiando tanto as asociacións que traballan con pacientes de alzhéimer, como as demais entidades sociais. Porque son as asociacións, as que mellor coñecen as necesidades e inquedanzas destes pacientes. E son elas, as que mellor nos poden orientar en todo o relacionado coa atención e coa mellora da calidade de vida tanto das persoas con alzhéimer, como das súas familias”.

A xornada, presentada pola locutora da Radio Galega, Isabel Pichel, abriuna María Isabel Gey Pérez, presidenta de FAGAL quen sinalou que en Galicia hai unhas 70.000 persoas con algún tipo de demencia, moitas delas sen diagnosticar. E engadiu que a atención ás demencias ten que ser unha prioridade do sistema sanitario, porque “tamén é un problema social”.

Na apertura da xornada tamén interviron Alfonso Alonso Fachado, subdirector xeral de Xestión Asistencial e Innovación da consellería de Sanidade; e Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da consellería de Política Social.

30 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.