Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A economía circular, unha aposta rendible e saudable para os animais

Membros do hospital veterinario Rof Codina alertan da problemática que supón o sobrepeso

Santiago. A economía circular preséntase como unha aposta rendible e saudable que tamén reporta estes mesmos beneficios para as mascotas, tal e como sinalan os responsables do programa de control de obesidade en cans e gatos promovido polo hospital veterinario Rof Codina xunto con Pet Select, unha proposta que conxuga os controis sanitarios cunha dieta alimenticia específica baseada en descartes de peixe que permite ás mascotas diminuír ata un dous por cento o seu peso cada semana.

A obesidade é a causa de múltiples enfermidades e patoloxías que presentan as mascotas caninas e felinas, segundo subliña o director veterinario do hospital Rof Codina do Campus Terra da USC, Antonio González Cantalpiedra. Coñecedor da crecente problemática que supón o sobrepeso para este tipo de mascotas, asegura que “o sobrepeso reduce entre 3 e 5 anos a esperanza de vida en cans e gatos, empeora o seu grao de benestar e implica un maior gasto para os donos e titores destas animais”.

González Cantalapiedra, que participa nesta campaña de control de obesidade en mascotas xunto coa tamén profesora da Facultade de Veterinaria da USC María Luisa Fernández Rey e a investigadora do grupo Cirurxía, Radioloxía e Ecografía Veterinaria Silvia Fernández Martín, trasladou estes datos preliminares ás representantes de Pet Select e I+D Agroalimentaira que visitaron onte as instalacións do hospital Rof Codina para coñecer cómo se está a desenvolver este programa, que mestura a economía circular coa mellora da saúde dos animais. l.rey

04 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito