Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 08 mayo 2021
02:00
h

A Feira do Libro contará con firmas dos autores

Axenda. Do 8 ao 17 de maio, no paseo central da Alameda de Compostela, terá lugar a Feira do Libro de Santiago 2021, que contará no seu acto de inauguración cun pequeno concerto da Banda de Música. Algunhas das firmas de libros previstas nesta edición serán o 8 de maio, sábado, ás 18.00 horas, a de Yolanda Castaño, que asinará exemplares de Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias; o domingo 9 de maio, ás 19.00 h, Carlos Negro asinará exemplares de Non cantan paxaros neste bosque; e as 20.00 horas será o turno para Manuel Gago, que estará co seu libro Nus. O 11 de maio, martes, ás 20.00 h, será Suso de Toro quen atenda aos seus seguidores, e estará coa súa obra Un señor elegante. Na xornada do 12 de maio, o turno será para Rocío Leira, que asinará exemplares de A afogada e Trescatorcedezaseis, ás oito da tarde. O venres, 14 de maio, ás 19.00 h, na Alameda estará Pedro Feijoo coa súa novela Un lume azul. Por outra banda, o 16 de maio, ás 18.00 h, será o momento de Ledicia Costas, que adicará as súas últimas novidades: Criando malvas. Os Minimortos, A señorita Bubble. Baixo cero, etc.

Ese mesmo día, ás 20.00 h. Daniel Salgado estará co seu libro Os paxaros e outros poemas. O 17 de maio, as 19.00 h, Manuel Rivas asinará exemplares de Zona a Defender e as 20.00 horas farao María Reimóndez adicará exemplares de Cobiza e Bárbaras! redac.

04 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito