Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A mostra ‘Juana de Vega: facer no século’ estará dispoñible no Colexio de Fonseca ata abril

Santiago. Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século é a mostra organizada pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do falecemento da coruñesa e que pode visitarse ata o 5 de abril no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC. A exposición itinerante sobre a súa vida e traxectoria abrangue dende o seu nacemento en 1805 na Coruña ata o seu falecemento en 1872 nesta mesma cidade.

No acto inaugural, a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, destacou que “é un orgullo reivindicar a figura de Juana de Vega”. “Estamos recoñecendo a través dela a moitas contemporáneas que non tiveron as mesmas oportunidades”, matizou. Nesta mesma liña, pronunciouse Xosé Ramón Veiga, comisario da mostra, ao subliñar que “estamos a facer xustiza histórica”, en relación ás diferentes homenaxes coas que a USC rendeu tributo nos últimos anos a figuras como Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán. O comisario lembrou que a mostra serve de acompañamento á biografía de Juana, recentemente publicada, e que leva o mesmo título da exposición. Pola súa parte, Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega, aproveitou para destacar o patrimonio que alberga a Fundación; mentres que Luísa Muñoz, directora da Cátedra Juana de Vega, lembrou que, a maiores, desenvolveranse diversos relatorios que servirán para enriquecer a traxectoria reflectida na mostra.

Na exposición, distribuída en 18 paneis, percórrense as andanzas da súa familia, a guerra e a política de principios do século XIX, o seu casamento co heroe da Guerra de Independencia, Francisco Espoz y Mina, e o seu casamento; tamén o exilio, os ataques sufridos polo militar navarro e a súa morte. ecg

11 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito