Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A rehabilitación da Catedral de Santiago, exposta en Roma como bo exemplo de arranxo patrimonial

    ARQUITECTURA. A Xunta de Galicia expón esta semana en Italia o proceso de restauración da Catedral de Santiago como modelo de rehabilitación internacional nas xornadas A Catedral de Santiago de Compostela e a restauración do Pórtico da Gloria, que se celebran en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago e están organizadas xunto á Real Academia de España en Roma, a Escola Española de Historia e Arqueoloxía en Roma do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o Instituto do Patrimonio Cultural de España. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, viaxará hoxe á capital italiana para afondar nas actuacións impulsadas nos últimos anos desde o Goberno autonómico no proceso de restauración da basílica compostelana. Onte, a directora de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Ínsua, participou no arranque do congreso xunto ao director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, cun relatorio que afondou no modelo de xestión da restauración da basílica compostelá entre os anos 2015 e 2022.

    Durante estes días abordaránse outros aspectos relacionados coa conservación do Pórtico da Gloria, así como a análise histórica da súa policromía ou o estudo dos materiais e avaliacións dos tratamentos empregados. Estas xornadas contan tamén coa participación, entre outros, de Ramón Yzquierdo, director do Museo da Catedral de Santiago; Miguel Taín, catedrático da Universidade de Santiago, así como representantes da Fundanción Catedral Santa María de Vitoria, do Musei Vaticani, así como diferentes expertos en rehabilitación patrimonial. Todos estos actos, que cuadran coa celebración do Ano Santo e a importancia da conservación dos inmuebles do Camiño de Santiago, estarán dirixidos a expertos en historia da arte, a profesionais na conservación de edificios históricos e ao público xeral. REDAC.

    24 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito