Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Á venda as entradas do Festival Ateneo Barroco

música. Ultimando os preparativos para a terceira edición do Festival Ateneo Barroco hoxe (ás 12.00 h.) comeza en www.festivalateneobarroco.gal a venda de entradas (entre oito e doce euros) para cada un dos catro concertos do festival que se celebrarán entre o 8 e o 22 de outubro. Aínda se poden adquirir na mesma páxina os últimos abonos dispoñibles para toda a programación do festival (30 euros os catro concertos).

O festival toma como punto de partida as músicas antigas e do Barroco, músicas que ben poden simbolizar un período de intercambio e diálogo cultural no que o Camiño de Santiago resultaba transcendental e no que podemos atopar un espello no que mirarnos e inspirarnos, especialmente en momentos históricos como o actual,no que a comprensión, a tolerancia, o debate e a solidariedade a través da música, linguaxe universal, resultan máis imprescindibles que nunca para a convivencia de todos. s. cuiña

29 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito