Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta leva xa máis de 5 millóns de euros de investimento na ampliación do Hospital Clínico

sanidade. A Consellería de Sanidade fixo onte balance das actuacións previstas para a área sanitaria de Santiago e Barbanza. A través dun comunicado detallou que durante 2022 puxéronse en marcha distintas actuacións no Hospital Clínico que suman xa máis de 5 millóns de euros de investimento. As obras forman parte do proxecto de ampliación do centro sanitario, que sumará uns 30.000 m2 de superficie.

Durante o ano 2022, a Xunta abordou reforma da UCI do Hospital Clínico de Santiago. O proxecto e a obra licitáronse en xaneiro de 2021 por un importe 1,25 millóns e finalmente foi adxudicado en xullo de 2021 por 1,1 millóns. En febreiro de 2022 iniciaronse as obras. Dentro do hospital, o executivo galego levou tamén a cabo a reforma da súa área Farmacia, cunha actuación que se inciou en decembro de 2021. “Nesta obra, actúase sobre 725 m2 cun orzamento de 1.396.750,17 M€”, explica a Xunta. A actuación está xa finalizada, e queda pendente de probas de ruído e extracción coas cabinas de farmacia colocadas. “Con ela, mellóranse os fluxos de traballo repercutindo na mellora das condicións dos profesionais deste servizo e tamén na atención ao paciente”, indica o Goberno galego.

Ademais se licitou equipamento por 1,5 millóns: un robot de preparación de mezclas intravenosas, outro para a dispensación ambulatoria e tamén un almacén automatizado en carrusel, para a súa implantación foi licitada o 23 de agosto a obra de reforma e acondicionamento de espazos para a automatización da farmacia que foi adxudicada o 29 de decembro de 2022 por 1,3 M€. O investimento total previsto para a ampliación do hospital ascenderá a 72 millóns de euros.

A finais de ano, a Xunta licitou tamén o proxecto de obra para o novo centro de protonterapia por 22,3 millóns de euros. Ata agora só dous centros privados de España ofrecen este innovador tratamento contra o cancro e Galicia poderá contar co primeiro servizo público. ecg

13 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.