Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta seguirá apoiando os cursos para mulleres en paro da asociación Compostela Monumental

emprego. A Xunta continuará financiando o programa integrado de emprego de Compostela Monumental, que acadou un 70 por cento de inserción laboral na súa última edición. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou onte en Santiago de Compostela na entrega de diplomas da terceira edición desta iniciativa na que se formaron 100 mulleres. Lado puxo en valor o proxecto do Centro Comercial Aberto por enfocalo nos colectivos femininos de maior risco á hora de atopar un emprego. A directora xeral de Formación participou no acto de entrega de diplomas ás mulleres que se formaron no Programa Integrado de Emprego (PIE) financiado pola Xunta e organizado pola asociación Compostela Monumental. Foi un acto simbólico no que, como consecuencia da COVID-19, se deron os correspondentes certificados a catro mulleres en representación de todas.

Lado destacou o éxito desta iniciativa que supuxo un investimento de 225.000 euros e que veu superado o obxectivo mínimo de inserción laboral fixado no 45 %, xa que 70 mulleres chegaron a ac dar un posto de traballo das que 45 seguen empregadas na actualidade.

Así mesmo, puxo en valor o proxecto da asociación por enfocalo aos colectivos femininos, como o das mulleres desempregadas e en risco de exclusión social, as incluídas no tramo de inserción da renda de inclusión social; as menores de 30 con baixa cualificación, e as desempregadas en xeral. A directora xeral, ademais, agradeceu aos organizadores como ás alumnas a súa capacidade para adaptarse en tempo á formación virtual e sinalou a importancia de seguir colaborando con entidades, como é o caso de Compostela Monumental, para incrementar as oportunidades das persoas en paro. Lembrou que a Consellería de Emprego destinou desde 2009 máis dun millón de euros a actividades formativas. redacción

05 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito