Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ábrese a inscripción do Santiago(é)Tapas 2021

pinchos. Comeza o prazo de inscrición para a XIII edición do Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, que se celebrará entre o 11 e o 28 de novembro. O concurso, que tivo que ser suspendido no 2020 por mor das restricións en vigor durante o mes de novembro do ano pasado, supón unha oportunidade para dinamizar o sector antes do Nadal. Ademais, de xeito paralelo a Santiago(é)tapas, a Asociación Hostelería Compostela, organiza tamén a segunda edición do Santiago(é)Cóctel. Poderán participar nestes concursos todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago que o desexen, sempre que estean en posesión das licencias oportunas. Deberán rexistrarse para tal fin entre os días 28 de setembro e 9 de outubro cubrindo a folla de inscrición presente no mail info@santiagoetapas.com. P.B

28 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito