Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alumni USC presentou ao empresariado do Tambre o seu portal de emprego

Santiago. As asociacións Área Empresarial do Tambre e Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago (Alumni USC) celebraron onte un encontro presencial e virtual no Centro Empresarial do Tambre no que participaron o presidente da agrupación empresarial, José Fernández Alborés, o secretario, Ramón Lois, e o xerente, José Manuel Beceiro; así como a xestora técnica de Alumni USC, Inés Toca, e a vogal da entidade, Loreto Fernández, ademais de empresarias e empresarios da área empresarial. Alumni USC presentou aos empresarios as bases do seu portal de emprego, aínda en desenvolvemento, que ten por obxecto acadar unha maior interconexión entre aquelas persoas que finalizan a súa etapa formativa na universidade e as empresas galegas ou con implantación en Galicia que queiran captar persoal con altas capacidades e talento. Para deseñar unha plataforma operativa, Alumni USC quixo testar os seus contidos e funcionamento coas empresarias e empresarios da Área Empresarial do Tambre, para así aproveitar as súas suxestións e mellorar a ferramenta. redacción

05 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito