Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ana Picallo, representante de alumnos de Medicina: “Notamos unha mellora, pero queda moito que loitar”

O curso pasado, 2019-2020 que agora parece tan afastado debido á crise sanitaria, foi un ano de reivindicacións e aparentes victorias para o alumnado do grao de Medicina da USC. A folga foi anunciada pola conta de twitter da Asamblea Aberta de Mediciña o día 1 de novembro, onde se comunicou o caracter indefinido da folga “ata que dean RESPOSTAS e SOLUCIÓNS a todas as prolemáticas da facultade”, e onde tamén foron expresados os motivos da folga e as vías de actuación que se seguirían:

Finalmente durou 4 días, dende o 5 de novembro ata o 9, día no que a folga rematou tras máis de oito horas de reunión entre alumnos e reitorado nas que se alcanzou un consenso. Falamos agora, algo máis dun ano despois con Ana Picallo, actualmente delegada de 6º do CHUAC (lugar onde está realizando as prácticas curriculares), alumna que o curso pasado actuou como representante durante esta folga, para saber como é actualmente a situación na facultade de mediciña co COVID, e si, co paso do tempo, as condicións acordadas por parte da USC están sendo cumpridas e o alumnado está satisfeito.

Ana Picallo, representante de alumnos de Medicina: “Notamos unha mellora, pero queda moito que loitar”

Bos días Ana, que se conseguiu coa folga? Dirías que dende que rematou se fixo algo por cumplir as vosas reivindicacións?

É un pouco difícil de precisar, xa que a folga tivo lugar en novembro do 2019 e a COVID chegou ás nosas vidas pouco despois. Considero que si acadamos algúns obxectivos: modificáronse os criterios de avaliación nalgunas materias, comezouse a plantexar unha mellora no plan de estudos e a revisión da presencialidade, estableceuse unha vía directa de notificación para as vexacións ao alumnado... Se tivera que destacar unha gran mellora, sería a descentralización das prácticas no centro de saúde de 5º curso, que obrigaban aos estudantes (moitos deles carentes de recursos) a desprazarse a zonas afastadas de Santiago ou dos seus lugares de residencia habituais.

Entón actualmente, poderíase dicir que notades a intención de cambiar a situación por parte da USC?

Notamos unha mellora, pero considero que aínda queda moito que loitar. Como persoas destinadas a velar pola saúde dos demais, é irónico que nos custe tanto preservar a nosa propia saúde mental: horarios abusivos, unha gran cantidade de materia, falta de perspectiva clínica máis alá da teoría... son un factor común de malestar na vida dos estudantes de medicina da nosa facultade. É complicado precisar se a situación avanzará tras o coronavirus, pero tentaremos que así sexa.

E cres que isto unido á situación actual causada polo Covid, desmotiva ou afecta negativamente ós alumnos?

Supoño que dependerá da persoa. Haberá xente para a que as clases online supoñan facilidades na conciliación da súa vida persoal e universitaria (ou incluso laboral), do mesmo xeito que haberá personas que prefiran ir de maneira presencial. Creo que o que podemos precisar todos os alumnos, non soamente os de medicina, é a desgana e o cansazo acumulados derivados desta pandemia.

Prevedes outra folga ou algún outro medio de protesta a curto-longo plazo?

Non prevexo unha folga a curto prazo, creo que é o momento de conciliar e non de separar. Se tivese lugar unha nova folga nun futuro, apoiaríaa.

Este ano co Covid-19, como é a situación dos estudiantes de medicina?

Comezaron con clases online, pero logo evolucionou á semipresencialidade, rotando por grupos en cada curso en tanto ás clases teóricas. En canto a prácticas de laboratorio, como polo xeral xa estabamos divididos por grupos, mantívose a presencialidade desas clases. En canto aos exames, apostouse unicamente pola avaliación presencial. En case ningunha materia houbo unha adaptación real para evitar unha avaliación mediante un exame final presencial e en poucas houbo un aumento do peso ponderal nas cualificacións de avaliación continua.

E máis concretamente dos que estades coas prácticas curriculares en hospitais? A USC responsabilízase da vosa seguridade o suficiente?

Eu estou descentralizada facendo prácticas na Coruña, así que quen máis se preocupa pola nosa seguridade é docencia do CHUAC (á que lle agredezo enormemente o seu inestimable labor), pero a USC sempre está informada de todo o que atinxe á nosa seguridade.

04 feb 2021 / 11:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.