Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arranca en Amio o Salón do Vehículo de Ocasión

feira. A sétima edición do Salón do Vehículo de Ocasión en Santiago celebrarase no recinto feiral de Amio dende hoxe ao domingo 30 de maio. O evento, que abre as súas portas ás 10.00 horas, contará coa presenza de máis de 20 concesionarios e compravendas, cun stock de máis de 800 vehículos, a prezos rebaixados, exhibidos en 16.000 metros cadrados de exposición. A feira contará coas garantías de seguridade precisas, xa que se deseñou un protocolo de seguridade fronte á COVID-19, con medidas para garantir a seguridade de todos os visitantes. Entre elas destacan: coches desinfectados, grande extensión (12.000 metros cadrados exteriores, e máis de 4.600 interiores nun pavillón ventilado), aforo limitado, uso obrigatorio da máscara, puntos de desinfección, etc.

O seu responsable, Fabián Saavedra, agradeceu a colaboración do Concello un ano máis e salientou a ampla oferta de vehículos que se poderán atopar no evento: “Km0, seminovos, e de segunda man. Todos con garantía e totalmente revisados. Tamén disporemos dunha gran cantidade de vehículos de gama ECO, eléctricos, híbridos e híbridos enchufables”.

O horario nas catro xornadas será ininterrompido de 10.00 a 20.30 h. Esta edición presentouse onte no concello, coa presencia do edil de Movilidade, Gonzalo Muíños. s. c

27 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito