Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As chuvias otoñais viñeron ó rescate en Santiago freando o récord de seca do ano 2007

O último mes do ano foi o de máis precipitacións na cidade con 451,4 l/m2 // Xullo e agosto foron especialmente quentes

A posibilidade dun ano máis seco do normal no 2022 foi un dos temas que máis preocupación causou entre os compostelánds. Pese a que se falou moito, sobre todo nos meses de verán, deste asunto, as estadísticas recollidas pola Estación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC demostraron que isto non era así.

Segundo o resumo do ano 2022 na cidade de Santiago, elaborado cos datos obtidos de cotío no Observatorio, e en relación cas precipitacións, a 31 de agosto tan só se levaban contabilizados 526 litros/m2, sendo a referencia como ano máis seco o 2007 cun total de 1.200 l/m2.

As previsións dun outono con poucas precipitacións causara alarma, pero como xa ten acontecido anteriormente, en moitas ocasións as chuvias de outono viñeron ao rescate. Así o confirman dende o Observatorio, que explican que en termos meteorolóxicos, nos últimos tres meses rexistráronse 1.026 l/m2, os cales unidos aos 175 l/m2 de setembro completaron un total de precipitación en 2022 en Compostela de 1.726,7 l/m2, algo que ao final do verán parecía imposible. Quere dicir que case se chegou á media anual dos 1.800 l/m2.

Namentres no ano 2000 a situación fora peor, “xa que logo nos últimos meses se chegaran a medir máis de mil cinco centos litros por metro cadrado”, explican, neste finalizado 2022, “o mes máis chuvioso foi decembro con 451,4 l/m2, seguido de outubro (307,4) e novembro (267)”.

Pola contra, meses que adoitaban ser de maneira tradicional os máis chuviosos apenas aportaran cantidades notables: xaneiro (64,1 l/m2), febreiro (52,9), e maio (65,1). Neste sentido, cabe recalcar a importancia da chuvia rexistrada o 19 de decembro con 100,5 l/m2, e tamén os 55 l/m2 do día 23 do mesmo mes. Así mesmo, apuntan, “en 15 días a precipitación superou os 30 l/m2”.

Por último, sinalan que foron un total de 181 as xornadas nas que choveu nalgún momento do día, e que “estas representan o 49,6 %, se ben en 22 delas foi inapreciable (menos de 0,1 litros/m2). Sen contar estas últimas, serían por tanto 159 (43,6%).”

TEMPERATURAS. Segundo o resumo elaborado polo Observatorio María Aller, xullo e agosto foron meses especialmente quentes. Das vinteún xornadas nas que o termómetro superou os 30º, dezanove delas corresponderon a ditos meses.

Co respeto a máxima absoluta, sorprende que no 2022 en Santiago esta foi o 14 de xullo con 39º3, practicamente igual á de dous días antes (39º2), sinalan. Así mesmo, o 9 de xullo alcanzáronse os 36º4 e o día 13 do mesmo mes, 36º0.

Pola súa parte, a mínima absoluta correspondeu ao 24 de xaneiro con -0º5. Tan só neste día e mais no sete de marzo (-0º4) a mínima foi negativa.

A temperatura máxima máis baixa tivo lugar o día 8 de xaneiro con 10º8, en tanto que o días 14 e 15 de xullo a mínima non baixou dos 23º. Mentres que a máxima do mes de decembro (17º0) tivo lugar o último día do ano, algo que, destacan dende o Obersavatorio, é curioso porque “o mesmo que aconteceu en 2021, pero daquela a temperatura fora algo superior (20º8)”.

INSOLACIÓN. O ano 2022 estivo na liña dos últimos anos, con máis horas de Sol ca media das últimas décadas. En total, os heliógrafos do Observatorio Astronómico Ramón María Aller rexistraron 2.284 horas e 45 minutos bastante por enriba da media (2.079 horas).

Así, o medido este ano supón un 52,2 % das posibles horas de insolación.

Cabe destacar os cento oito días con máis de nove horas e outros setenta e nove nos que o Sol saíu en Santiago entre 6 e 9 horas. Porén, foron 35 as xornadas (maioritariamente nos últimos meses) nas que o astro rei non se deixou ver pola capital galega.

03 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito