Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘As cores da memoria’, unha mostra que honra aos represalidos pola dictadura

Está formada por 19 retratos ao óleo sobre tela de homes e mulleres galegas que sufriron o fascismo

Santiago. O centro Maruxa e Coralia da cidade histórica acolleu onte a inauguración da exposición As cores da memoria. O retrato como dignificación; do pintor Alfonso Martínez López. Esta mostra é o resultado dun traballo de “loita contra a desmemoria”. Pequenas fotografías en branco e negro serviron como base documental para a realización dun conxunto de 19 retratos ao óleo sobre tela de homes e mulleres galegas represalidas pola dictadura fascista. Unha exposición que, en palabras de Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural, supón “un recoñecemento para aquelas persoas anónimas que loitaron pola liberdade e a democracia”, e que foron castigadas por elo. Unha mostra “que lle pon luz a nosa memoria histórica”.

As cores da memoria é un proxecto ideado no marco das xornadas homenaxe ás vítimas da dictadura, celebradas en 2021 no concello de Teo, impulsadas por Miguel Paz Cabo, historiador; e Carme Rodríguez Rey, politóloga e xurista. O xérmolo foi o debate que se deu neste encontro sobre a importaica da cor no eido comunicativo como fórmula de achegamento ás “realidades ocultadas”. Nesta tarefa uniuse o proxecto Alfonso Martínez, licenciado en Belas Artes e profesor de secundaria; que aceptou a encarga de darlle unha nova visión a aquelas pequenas fotografías en branco e negro.

Os primeiros retratos realizounos en tinta sobre papel. Pero, de xeito paralelo, comezou a madurar a idea de dignificar a todos estes loitadores e loitadoras. E o óleo é a técnica que ao longo dos séculos dignificou aos protagonistas da nosa historia. Cobran así vida estes 19 óleos sobre tea, imprimados en óxido de ferro, que se poden ver ata abril no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia.

As cores da memoria é unha viaxe ao pasado inmediato que imprega o retrato como instrumento de dignificación e a cor como ferramenta de proximidade. Unha viaxe que neste centro comezou o día da súa inauguración, o 9 de novembro, con outra exposición sobre a figura doutro represaliado, Florencio Delgado Gurriarán; e que se completa con distinto material recompilado para a publicación Os cadernos escolares da II República, de Miguel Paz Cabo e Víctor M. Santidrián Arias. ecg

12 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.