Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As executivas de Galicia rematan o seu encontro cunha peregrinación

Partiron do Monte do Gozo e contaron coa compaña da conselleira Ethel Vázquez

Santiago. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participou onte na etapa realizada a pé no Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro, no marco da xornada Mulleres no Camiño, organizada pola Asociación de Executivas de Galicia.

No punto final do Camiño realizouse unha visita guiada polos exteriores da Catedral e a visita ao Pórtico da Gloria recentemente restaurado. Unha vez finalizada a visita tivo lugar unha comida networking no Hotel Oca Porta do Camiño. Durante as últimas semanas, celebráronse encontros en diferentes comunidades autónomas polas que pasa o Camiño e ás que pertencen as asociacións que forman a entidade Empresarias y Directivas del Atlántico (EDA), como Euskadi, Asturias e Castela e León, que finalizan con este encontro en Santiago de Compostela.

Entre os seus obxectivos está destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago, promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración e impulsar o desenvolvemento para a xeración de riqueza nos diferentes territorios que conforman o Eixo Atlántico.

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, anunciou tamén que EDA está a preparar un congreso que se celebrará en Compostela a finais de ano no que se abordarán as múltiples temáticas comúns a todas estas comunidades autónomas o seu carácter periférico, o problema despoblacional e o envellecemento. ecg

05 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito