Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ás portas dunha tecnoloxía que simula os fluxos de mobilidade en Compostela

Este modelo predí as áreas co maior tráfico de peóns e inclusive a súa velocidade

Santiago. O proxecto Xemelgo Dixital, enmarcado na iniciativa Smartiago, busca sentar as bases para unha xestión intelixente da mobilidade na capital galega. Para isto, realizouse mediante o software Pathfinder a construción dun modelo funcional de Santiago que permite simular con precisión os fluxos de movemento das persoas no espazo físico da cidade, e agora prepárase para ser introducido no espazo de interacción aberta e desenvolvemento tecnolóxico Living Lab.

Este modelo final permite visualizar a simulación da cidade nunha xornada concreta -a partir de datos reais que inclúen os obtidos a través dos sensores dos 22 bancos de mobiliario urbano que foron situados en puntos estratéxicos da cidade- segundo o día da semana, ou mediante datos elixidos polo usuario. A ferramenta tamén proporciona información sobre o número de persoas por rúa e permite definir rexións nas que medir a ocupación ou ‘pechar’ rúas virtualmente e analizar os cambios nos fluxos de desprazamento dos cidadáns modificando parámetros como o número de viandantes, a súa velocidade ou o tipo de comportamento.

De acadar con éxito a súa encomenda, este prototipo de simulación virtual dos fluxos de mobilidade permitirá ao Concello compostelán deseñar novas políticas de actuación ou prever futuros impactos na contorna urbana como, por exemplo, posibles aglomeracións en determinados eventos. P. B.

22 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito