Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Borja Verea asegura querer gobernar “levando a Santiago ao século XXI”

O candidato á alcaldía inclínase por construír unha cidade que escoita aos veciños

Borja Verea, o candidato á alcaldía de Santiago, dirixiuse onte no Viño de Nadal do PP compostelán a un auditorio de máis de 500 persoas ao que quixo primeiramente agradecer “todo ese apoio, esa enerxía positiva que me trasladades non só hoxe, senón todos os días”. Isto, aclarou, é o “motor que me leva a traballar sen parar 24 horas ao día, 7 días á semana, para conseguir con todos vós, xuntos, esa meta que é gañar as eleccións municipais de 2023 e comezar por fin a gobernar Santiago”.

Para o candidato popular á alcaldía “chegou o momento de despertar Santiago, de recuperar a autoestima e de deixar atrás o conformismo no que a cidade está sumida desde hai anos”. Verea, acompañado polo presidente do PPdG, Alfonso Rueda; a secretaria xeral, Paula Prado; o presidente provincial, Diego Calvo; e o secretario provincial, Evaristo Ben; ademais de membros do Goberno da Xunta e deputados; deixou claro que “non hai ningún segredo nin apócema máxica, senón que do que se trata é de seguir sumando veciño a veciño, coa mesma humildade coa que vimos traballando nos últimos anos, pero tamén con toda a firmeza e seguridade de que estamos construíndo o mellor programa de goberno para o futuro de Santiago”.

O candidato popular pediu saír á rúa a escoitar aos veciños, porque a política “non é un día máis na oficina, desde un despacho non se solucionan os problemas”.

“Por iso quero ser o próximo alcalde de Santiago, para solucionar os problemas e construír con todos vós un novo compostelanismo, desde Santiago e para Santiago, sen complexos, con toda a ambición e seriedade pero tamén con toda a serenidade e tranquilidade”, salientou.

O tamén deputado autonómico lembrou ademais as propostas anunciadas nos útltimos meses como o seu obxectivo de chegar aos 100.000 habitantes, a construción da cidade deportiva de San Lázaro, a aplicación de políticas que sitúen ás familias no centro, ou a súa aposta porque os coches pasen a un segundo plano coa construción de novos aparcadoiros.

Verea pediu, ademais, que “non baixemos o ritmo, non nos confiemos agora que as enquisas dan ben e eles están nerviosos” e puxo como exemplo de ese nerviosismo as contínuas faltas de respecto e insultos que desde hai uns meses lle lanzan desde o partido socialista de Santiago; “pero non vos preocupedes: nós, por cada insulto, unha nova proposta para a cidade”, apuntou.

O candidato á alcaldía compostelá concliu sentenciando: “Se me axudades, xuntos gañaremos as eleccións municipais e serei o alcalde de todos, levando a Santiago ao século XXI”.

15 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.